XORNAL ESCOLAR

O Nadal recollido en imaxes

IMG-20151218-WA0052_result
photo_camera Dúas fermosas Papa Noel, minutos antes de saír ao escenario para presentar o seu espectáculo.

Un dos momentos máis emocionantes para os cativos foi a chegada ao colexio de Papa Noël e dos Reis Magos de Oriente

Os centros de ensino de toda a provincia vestíronse de gala para acoller por todo o alto a chegada do Nadal. Nenos e nenas de Infantil e Primaria compartiron múltiples actividades nos seus respectivos centros de ensino.

O primeiro foi decorar as instalacións do colexio, moitos deles con traballos elaborados por eles mesmos. Deste xeito non faltaron as árbores, o nacemento e múltiples murais que enchen estes días de colorido cada rincón dos centros de ensino. O colofón a estes días viviuse nos festivais de Nadal que celebraron, onde non faltaron panxoliñas, representacións teatrais e musicais e recitado de poesías adicadas a estes días de festa. Os pais do alumnado tamén participaron en moitas das actividades organizadas e en algúns centros tamén compartiron festa en forma de merenda.

Como todos os anos, un dos momentos máis emocionantes para os cativos foi a chegada ao colexio de Papa Noël e dos Reis Magos de Oriente, todos acudiron cargados de agasallos para os máis pequenos. Agora comezan unhas semanas de vacacións cheas de momentos únicos para todos os escolares da provincia.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante