XORNAL ESCOLAR

A participación activa como base da formación

posío_result
photo_camera Alumnos da ESO durante o recreo do centro educativo do Posío.

O IES Otero Pedrayo traballa en diferentes programas educativos e implícase nunha ampla variedade de concurso

O IES Otero Pedrayo está ubicado nun edificio, dos máis nobres destinados a ensinaza e dos máis tradicionais dentro de Galicia. O tempo, no canto de murchar a súa beleza, faina máis esplendorosa. 
Destaca a suntuosidade do seu paraninfo, orgullo de todos os exalumnos e admiración de todos os visitantes que acoden a distintos actos culturais.
Nas súas aulas, corredores e claustros permanecen os recordos imperecedeiros de numerosas promocións de alumnos e profesores entre os que sobresaen nomes como Saco e Arce, Julián Besteiro, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Marcelo Macías, Xocas, José Angel Valente...
Hoxe participan do proceso educativo que se leva a cabo no centro case mil alumnos, distribuídos nas ensinanzas de ESO; Bacharelato Científico, Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais (tamén en réxime de adultos), e Educación Secundaria Obrigatoria de Adultos.
Neste proceso educativo resulta imprescindible e sempre está presente a colaboración activa de nais e pais.

Cales son as directrices nas que traballa a dirección do centro?
Formar persoas que no día de mañá poidan desenvolverse por sí mesmas nos distintos eidos da vida, fomentando o respecto aos demáis compañeiros, aos profesores e persoal do centro e ao contorno no que conviven, sen descuidar a súa formación académica, por suposto.

Cales son os programas nas que o IES Otero Pedrayo participa activamente ano tras ano?
Traballamos en diferentes programas educativos do Plan Proxecta da Consellería de Educación; o Programa de vida saludable…. 
Ademáis os nosos alumnos participan en diversos concursos coma as Olimpíadas Matemáticas e as de Física e Química, gañando premios, e tamén en concursos de robótica entre outros. Tamen participamos activamente no Programa Xogade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Cales son as novidades deste curso escolar que acaba de comezar?
A entrada da Lomce e toda a nova distribución e materias e optatividade que elo conleva.
Con que instalación conta o IES Otero Pedrayo e que oferta educativa ofrece? 
Ademáis das aulas onde os alumnos reciben as súas clases, contamos con varias aulas para desdobres, unha Biblioteca, duas aulas de Informática, un taller de Plástica, un Taller de Tecnoloxía, un Laboratorio de Ciencias Naturais e outro de Física e Química, unha cafetería, o Museo, que pertence á rede MUPEGA de Museos Pedagóxicos da Consellería, un Pavillón Polideportivo, e unha das xoias do noso centro, que é o Paraninfo.
No Departamento de Linguas, que actividades están programadas para este curso?
Unha ampla variedade de actividades, destacar o fomento da lectura, asistencia a representacións teatrais, diversos concursos literarios, …

Que programas ou proxectos se realizan no centro para a dinamización das TIC?
Fomentar o seu uso en todas as materias que se imparten no centro educativo.

En que programas se traballa para fomentar a convivencia e os valores? 
A posta en funcionamento das novas normas de Convivencia que están centradas no respecto aos demáis.

Que actividades extrescolares oferta o IES Otero Pedrayo?
Ampla variedade: Bádminton, Voleibol, Tenis de mesa, en canto ás deportivas. Diferentes viaxes de estudos: unha viaxe a Braga, unha viaxe de unha semana a Francia, unha viaxe de fin de etapa na ESO... Ademáis de asistir a numerosas conferencias e representacións teatrais tanto no Paraninfo do centro coma fóra, no Teatro Principal, no Auditorio...Tamén visitas de interese: Parque de Montealegre, Depuradora de Augas, a Tecnópole…

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante