XORNAL ESCOLAR

Semana de expociencia

analia_result
photo_camera Analía e o seu pai fixeron unha excelente exposición.

As familias, dos alumnos do Ceip Rogelio García Yañez de Ramirás, tamén estaban convidadas para participar unha vez máis nas actividades que organiza a biblioteca escolar do centro. Exerceron de fantásticos científicos e didácticos mestres.

Divertidos e sorprendentes experimentos durante unha semana no Ceip Rogelio García Yáñez de Ramirás, donde as familias e os alumnos participaron na semana da ciencia que organiza a biblioteca do Rato do centro educativo.

Todos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria coa axuda dos seus mestres prepararon experimentos para sorprender a todos os seus compañeiros. Convertíronse en científicos e exerceron un magnífico papel de profesores.

Familias e alumnos exerceron de excelentes científicos con grandes dotes para desempeñar as funcións docentes. Despois da exposición e a explicación correspondente os compañeiros querían experimentar por eles mesmos. Moitos dos alumnos quixeron realizar os experimentos na casa, sempre coa supervisión dun adulto.

Entre os experimentos expostos destacamos: extintor caseiro, tinta invisible, lámpara de lava, presión atmosférica con vela, xogo de teléfono con vasos de iogur, espectroscopio, solubilidades de cores, volcán, explosión con mentos... Xa con ganas de repetir!!!

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante