ceip manuel respino de a rúa

Terrorífica troula no cole

DSCF6794_result
photo_camera Profesorado, familias e escolares compartiron unha xornada festiva con motivo da celebración do Samaín/Halloween.

a comunidade educativa do centro implicouse en cada unha das múltiples actividades que organizaron para conmemorar por todo o alto e de xeito paralelo o Samaín e Halloween

Por cuarto ano consecutivo, os equipos de Dinamización da Lingua Galega e a Área de Inglés do CEIP Manuel Respino celebraron paralelamente o Samaín/Halloween. Este centro de ensino de A Rúa é unha escola aberta á contorna, no que cada curso realizan actividades co fin de coñecer os espazos relevantes da bisbarra. Ademais, o CEIP Manuel Respino traballa no respecto e a sensibilidade nas tradicións culturais e lingüísticas. Trátase dunha escola pública, de calidade, integradora e solidaria.

Para a ocasión organizaron un gran número de actividades, convertendo así o centro educativo nun terrorífico parque de atraccións.

Entre as actividades do programa festivo non faltou o túnel do terror que tanto lle gusta aos cativos e cativas. Semanas antes traballaron nas aulas aspectos relativos ao medo e, tanto en inglés como en lingua galega, profundizaron en aspectos relacionados con esta celebración.

A biblioteca do colexio foi o epicentro da festa que se estendeu por cada recuncho do colexio. Prepararon decorado típico desta festa que colocaron por todo o colexio, tamén participaron en proxeccións de medo adaptadas ás diversas iades dos escolares. O alumnado e as súas familias traballaron tamén na casa na elaboración de cabazas e vasoiras decoradas, coas que no colexio organizaron unha magnífica exposición. Para completar a festa, tamén houbo diversos bailes e cancións do Samaín e a degustación de sobremesas realizadas polas familias, ás que tamén convidaron a participar nesta estupenda xornada festiva. 

Foi un día diferente para todos, por unha banda os escolares o viviron moi intensamente pola festa que supuña e o gran traballo que realizaron nesta temática. O feito de que as familias acudiran á celebración tamén foi un motivo de ledicia para os nenos e nenas. O profesorado pola súa banda traballo arreo en cada detalle para que a festa fora un éxito e así foi, o traballo colaborativo de toda a comunidade educativa deu os seus froitos e se resumiu nunha magnífica festa do terror.

Tras esta celebración, xa están a pensar na que será a seguinte gran cita festiva, o Magosto. No CEIP Manuel Respino tamén se vive con moita intensidade, ao igual que o Nadal, onde realizan concursos de tarxetas, o Entroido, as Letras Galegas e o fin de curso. Estas celebracións súmanse neste colexio de A Rúa a moitas outras propostas e programas educativos nos que participan cada curso, como é o Día das Biblioteca, que este ano celebraron realizando un divertido obradoiro de libros comestibles aos que ninguén se puido resistir. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?