Opinión

Todos, todas, todes

Creo que non debo pasar por alto a parvada da Irene Montero pois unha das misións dos docentes -mesmo xubilados- é tratar de que aprendan ata os menos dotados. Cada lingua ten o seu sistema de xéneros gramaticais que para nada inflúen nos tratos home/muller. En galego hai dous,  masculino e feminino -e en castelán, case igual, o neutro “lo bueno” é residual. As formas en o, moitas veces non indican xénero, son pura gramática. Así digo “A ministra non dá entendido o tema”, e non digo “A ministra non dá entendida a tema”. Porque o o do participio “entendido” ten neste contexto valor gramatical e non representa nin masculino nin feminino. E se digo “todos os meus alumnos” inclúo a todos, ou sexa, eles e elas. Se quero dicir só os homes, debo dicir “todos os meus alumnos varóns”, e se quero falar delas, éme máis fácil, digo “todas as miñas alumnas”. Por galantería, dise “Señoras e señores” e hoxe por politicamente correcto, “todos e todas”, “alumnos e alumnas”. Vale. Pero o de “todes” é unha parvada tóxica. Por que non tamén todis, todus, para incluí outras sensibilidades? E o resto?

Te puede interesar