Opinión

Un mal menor

A nda o patio estival relativamente revolto debido á posibilidade -segundo parece cada vez máis palpable- de que o presidente do goberno español decida levar ó Congreso no próximo outono a reforma da lei electoral para que poidan gobernar as listas máis votadas nas eleccións municipais do próximo ano.

Que o tema é de encaixe dabondo complexo é un axioma que xustifica perfectamente o feito empírico de que dende que a democracia é palabra viva en España ningún dos dous partidos se atrevera a abordalo en ningún dos seus mandatos maioritarios, por máis que ámbolos dous o teñan levado inserido nos seus programas electorais.

Perante a disxuntiva de levar o asunto á cámara ou non, así como se é ou non o momento oportuno para facelo, a min xórdeme de contado unha pregunta á que tratarei de darlle resposta no espazo que me queda.

¿Que é máis democrático? Cabe preguntarse. ¿Un goberno formado por un partido político que se presente ás eleccións cun programa electoral monolítico e coñecido previamente, malia que represente ó 40% dos electores que exerceron o voto, ou un goberno formado pola suma de tres partidos que acaden o 25, o 20 e o 15%, con tres programas a priori sensiblemente diferenciados?

Si, xa sei -xa o escribín denantes- que a solu- ción non é sinxela, pois, se ben, a resposta que emerxe con certa evidencia dende a perspectiva meramente aritmética -é dicir, a da suma das minorías pura e dura, que ofrece un resultado do 60%- semella ser a correcta, a nada que un se deteña a reflexion un pouco de antes contestar e rañe na superficie para ir ó fondo da cuestión, comezan a xurdir novas preguntas que poñen en solfa esa primeira aseveración. Vexamos, senón.

Se se poñen a gobernar tres formacións, resulta lóxico pensar que o programa electoral resultan- te para o mandato sairá dunha escolla pactada dos tres programas electorais. É dicir un programa electoral completamente novo que non estará referendado electoralmente por ninguén. ¿Resulta realmente democrático iso? Fágase un "selfie" coa contestación.

Por outra banda. ¿Se no reparto postelectoral de funcións o peso económico -poñamos por ca- so- recae na formación que acadou o 15%, resulta democrático que sexa o partido que menos votos acadou o que xestione os orzamentos?

E así poderiamos seguir cuestionándonos ca- suísticas que poderán seren respondidas dende moi diferentes perspectivas -gracias a que vivi- mos en democracia- e que a min me levan a unha contundente conclusión: O goberno das maiorías minoritarias próximas ó 50% é un mal menor. 

Te puede interesar