Opinión

O ruído non se entende

Aporta do frigorífico ábrese para que o rapaz meta nel unhas botellas de auga. O silencio, pouco a pouco, empeza a cabalgar sobre o ruído, aínda que a televisión deixe escapar, de cando en vez, a voz dun comentarista de tenis. O ruído non quere morrer de xeonllos ante o silencio. Emporiso, cando non existe nada, cando a soidade é unha pomba pechada nunha gaiola, non queda máis remedio que escribir sobre o silencio. Aínda que haxa algunhas persoas que, ás veces, berramos silencio. O silencio tamén se pode berrar. Ou esmagalo, trituralo entre as follas da revista que está aberta á dereita do home que se atopa no recanto da cafetaría. Calquera pode facer gargarexos para que non todo sexa silencio. Algo que semella que fan moito os políticos; de aí que todo o que din produce tanto ruído. Ruído que non se entende. Ruído que fai ruído. Os anteollos están no medio da mesa. O silencio acocha por entre as follas brancas dun caderno, e o ruído... o ruído non se entende. Tampouco entendemos ós políticos.

Te puede interesar