Opinión

Centenario do nacemento de Chamoso Lamas

Nacía na Habana o 16 de maio de 1909. Cando tiña so catro anos, os seus pais regresaron a aldea ourensá de Moldes (Boborás). Unha localidade de bocarribeira situada nas terras de Orcellón. Cursou os estudos de bacharelato en Pontevedra e os de Dereito e Ciencias Históricas, nas universidades de Santiago de Compostela e de Madrid. Na de Madrid doutorouse en Ciencias Históricas coa tese titulada ‘Avance para unha historia do barroco gallego’.


En 1934 foi nomeado encargado do curso do instituto Antonio Nebrija de Madrid. Durante a guerra civil tivo encomendadas varias e delicadas misións. Foi designado inspector general de Depósitos de recuperación artística pola Xefatura provincial de Bellas Artes e comisario da Terceira Zona do Servicio de Defensa do Patrimonio Artístico Nacional. Desde 1946 centrou as suas investigacións en Galicia ao ser nomeado comisario da Primeira Zona do Servicio de Defensa do Patrimonio e conselleiro provincial do mesmo. En 1961 ingresou na Real Academia de Bellas Artes da Nosa Señora do Rosario da Coruña, da que foi designado presidente en 1965, cargo que exercen durante 20 anos ata a sua morte en 1985. O longo da sua vida recibiu múltiples galardóns: Medalla de prata da cidade de Compostela, medalla de ouro da cidade de Tui. Fillo adoptivo e medalla de ouro da cidade de Santiago, membro da Academia da Historia. Foi conselleiro provincial de Bellas Artes. Membro da Academia Galega e do Instituto Cornide de Estudios Coruñeses. Dirixiu a sección de Arte do Instituto Padre Sarmiento. Tamén lle adicaron múltiples homaxes. Chamoso destacou como un faro entre os grandes mestres galegos: Risco, Cuevillas, Ferro Couselo...


Foi fundador de museos, director de excavacións arqueolóxicas. Estudioso do Camiño de Santiago, e da nosa arquitectura popular. Recuperador de ciudades e director de exposicións. Foi o apóstolo e o defensor do Patrimonio galego. Investigador fecundo. O seu despacho estivo sempre nas múltiples camiñatas polas terras do Carballiño, do Ribeiro e de Galicia enteira. Felipe Senén, o mellor herdeiro do seu espíritu, defineo como ‘amigo dos seus amigos’. Dinos que ante todo foi o encargado da defensa e da conservación do Patrimonio ó longo da guerra civil.


Antonio Rodríguez Colmenero dinos que cando o visitou a derradeira vez no setembro de 1983 atopouno un tanto desgustado porque parte dos seus colegas máis novos de diversos ambetos do saber, personaxes desagradecidos, chegaron a negarlle ‘o pan e o sal’, propondo pouco menos que o seu lin chamento científico. Comprobou tamén Colmenero como o sangue non chegou ó río, pronto as augas volveron a sua canle e comenzouse a valorar de novo na sua xusta medida canto Chamoso fixo polos monumentos arqueolóxicos da sua terra.


Colmenero dinos que foi unha personalidade da nosa terra, dinámico como poucos, polémico moitas veces, pero sempre fecundo e rigurosamente científico. A súa esposa, dona Angeles, dinos que se coñeceron en Carballiño cando eran nenos e que Chamoso o 26 de agosto de 1928 lle confesou en carta os seus sentimentos hacia ela. Descríbenolo como alto, poderoso, lixeiramente vencido de costas, que en Moldes están os seus libros 15.000 volúmenes e que pola sua casa de Moldes pasaron Sánchez Albornoz, Kirschembaum, René Louis, sabios portugueses, Otero Pedrayo, Risco e Filgueira. Para recuperar e recordar a súa memoria, xurdiu en maio de 1994 o Centro de Estudios Chamoso Lamas da comarca do Carballiño, do que son un dos membros. Chamoso Lamas foisenos o 24 de xuño de 1985. Pero está vivindo no ceo na compaña de Losada Diéguez, de Otero Pedrayo, de Risco, de Cuevillas, de Filgueira Valverde, de Ogando Vázquez e de tantos outros investigadores que como faros nos marcan o noso camiñar a cotío.

Te puede interesar