Opinión

ENSAIO ESCRITO EN GALEGO MEDIEVAL

Ángeles Rubianes Pérez, nada en Madrid o 30 de xaneiro de 1948, poetisa, artista e pintora, na cal destacan as cores encarnadas, azuis e amarelas, menciñeira, naturópata, delineante, escritora, investigadora, viaxante incansable que viviu ó longo duns anos na India, na selva amazónica cos indíxenas do norte de Brasil, gran coñecedora da cultura exipcia, que estudou na India a filosofía budista, pediume un prólogo para un libro que xa está preparando titulado 'Poesía Medieval Galega'. Eu, dada a amizade que nos vencella desde a súa ultima enfermidade e polo sentimento que me afogaba non puiden dicir que non. A poetisa a que me refiro está en posesión do primeiro premio do 'Certame Literario Virxe da Armada' do 2009, e dun accésit do mesmo premio, titulado 'Rio Arnoia', en 2010.


Tratase dun libro único, escrito en galego medieval. Eu despois de rebulir nos 53 folios de que consta, atopeime con Ecos (páxinas 1 a 22), Ondas Mortas (páxinas 23 a 31), Cantigas de Amigo (páxinas 31 a 50) e a Noite (páxinas 51 a 54). Aceptei a petición por tratarse dun estudo descoñecido na súa estrutura para os amantes da poesía galega medieval ata hoxe. Púxenme á obra con calma e moita paciencia, e hoxe tedes nas vosas mas as miñas reflexións sobre esta excepcional obra poética, obra na cal a poetisa quixo fuxir do castrapismo e do lusismo para regalarnos un galego medieval propio que poucos coñecen plenamente.


A poetisa Ángeles Rubianes empregou a métrica clásica, a moderna e a mixta, con pé final de espondeo, ritmo dactílico, espondeos, encabalgamentos nas obras, cesuras, pes, hemistiquios, hipérbato, trímetros iámbicos puros, hexámetros de ritmo dactílico e métrica greco-latina.


Estilo e grafía medieval pura. Nos seus versos expresa: o sono do amante, as raiolas da lúa, os labores agrícolas e gandeiros, o zoar do vento, os meigallos, as mouras e feiticeiras, as bágoas, a soidade, as gaivotas que surcan océanos e mares, os ventos do mar, a neve, os soños, o pranto, a morte, o queixume dos piñeiros, a anguria, a amizade, as coitas dolorosas, o tempo, a soidade, o sufrimento e o amor á natureza.


Na obra de Ángeles Rubianes Pérez abundan as metáforas, como albores que aman, raiolas de luz, bágoas do lume, escortate na escuma, cantos do mar e do tempo, ventos ceibes. Tamén son abondosos os epítetos: treboada que foxe, mar que chora. Tamén hai contradicións: mortos viventes, vivos que morren, aquelarres e feitizos. Tratase dunha temática construída con métrica e grafía exclusivamente medieval.


A poetisa, o pé de cada poema, danos un pequeno dicionario, aclarado ó final da súa obra, para que os lectores entendamos mellor a súa poesía, que a primeira vista parece escura e desconcertante. Trátase dunha verdadeira xoia poética que vos pode resultar de difícil lectura porque o que nos presenta é algo único na métrica medieval galega.

Te puede interesar