Opinión

Homenaxe a Miguel Anxo Blanco

Meus benqueridos amigos que camiñades cara o ceo na parroquia de San Xés de Faramontaos (A Merca) e nas terras do val medio do río Arnoia, paz e ben de parte de Deus noso Pai e do Noso Señor Xesucristo.


Hoxe axuntámosnos neste templo para facer unha Eucaristía pidindo polo descanso eterno de Miguel Anxo e para unha homaxe dun fillo esgrevio destas terras. Miguel Anxo nacera en Ermua o 13 de maio de 1968. Era fillo do matrimonio formado por Consuelo Garrido e Miguel Blanco quenes tiveron que emigrar para comer mollado en bágoas o pan lonxe da terra que os vira nacer.


O 12 de xullo de 1997 cando só tiña 29 anos a banda terrorista ETA segoulle a vida. Por eso no decimosegundo cabodano do ‘Asasinato de Ermua’ queremos tamén facerlle unha homaxe a quen foi o número 778 na macabra nómina de mortos a máns da organización terrorista.


A súa morte impresionounos e encheums de dor a todos xa que Miguel Anxo era un xoven normal, afable, extrovertido, persoa de grande paixon, perseverante, de carácter forte e firme, nervoso, altivo, responsable, tenaz, vitalist,a amante da música, coa cabeza chea de ilusións e de proxectos. Era un cristián practicante e por eso non dubidamos que xa che gase a Casa do Pai, misterioso fogar, cansado do duro bregar.


Home enteiro, soñador esperto e dormido. Un home de ben, de tesón e de fe. Fixera Ciencias Económicas, afiliouse a Novas Xeracións e comprometeuse na política local.


Foi bó fillo, bó cidadán, bó traballador e bó político. Os asasinos convertérono nun heroe democrático do País Vasco donde moraba xunto cos seus pais e coa sua irmán.


A súa morte marcou en Vasconia un antes e un despois na loita contra ETA. Froito da súa morte agromou o chamado espírito de Ermua. O seu asasinato provocou na sociedade española unha conmoción sen precedentes como podéchedes ler na prensa daquel intre.


Como é de ben nacidos ser agradecidos o noso escultor o benquerido Xosé Cid inmortalizou para sempre na alegoría encarnada nese bronce que preside o campo da festa do Rosario.


O monumento quérenos poñer diante da figura do loitador incansable, do cidadán exemplar, do cristián convencido, practicante e aberto o alén, do loitador contra o sucursalismo de ETA. Amósanos o xoven aventureiro e honesto, o mártir galego que finou fora da nosa terra pero que está presente entre nós.


A escultura, encarna a efixie dun profeta e dun mártir loitador po-la redención e po-la paz dun pobo.


Miguel Anxo, ti fuches bó fillo, bó cidadán, bo traballador e bó político. De Miguel Anxo quedounos o rastro inmorrente da súa vida exemplar. Miguel Anxo ti e os teus 778 compañeiros mártires seredes nun mañá próximo ou lonxano, a bandeira da concordia entre toda-las xentes do País Vasco.


Meus benqueridos amigos, en especial Miguel, Consuelo e Marimar e todos cantos dexestedes conmigo esta misa só me queda decirvos que Miguel Anxo xunto cos outros centos de vítimas da inxusticia e da sinrazón son a bandeira e o faro que aluma o camiño da redención do País Vasco. A vosa morte daralle vida e paz a ese país torturado e escarnecido.


De Miguel Anxo quédanos o exemplo xa que él segue vido entre nós. Miguel Anxo foi un visionario. Un loitador sen acougo. El é un dos redentores e dos pacificadores do País Vasco.


Pidamos a Deus pola paz e polo descanso eterno de cantos loitaron e loitan no mundo contra a inxusticia, veña ésta de donde veña e para que no País Vasco o estado de Dereito se impoña pola vía da paz, da xustiza e do diálogo.


Para todos paz e o descanso eterno.


(*) Homilía pronunciada no 12 cabodano de Miguel Anxo Blanco (A Merca)

Te puede interesar