Opinión

O MES DO ROSARIO

O Rosario da Virxe María difundiuse pouco a pouco no segundo milenio baixo o soplo?do Espírito Santo. Trátase duna oración apreciada por numerosos santos e enfortecida?polo maxisterio da Igrexa. O Rosario sigue sendo neste terceiro milenio unha oración?chea de significado destinada a dar froitos espirituais de santidade. O Rosario, aínda que?se distingue polo seu carácter mariano, é unha oración centrada na cristoloxía. É como?un compendio da mensaxe do Evanxeo, é o indicador da nosa relixiosidade e da nosa piedade, é a escaleira entre a terra e o ceo, é unha cadea doce que nos une con Deus, é o vencello coa Nai do Ceo; o catecismo dos analfabetos, xa que moitos nenos xa o sabian rezar antes de saber ler; o libro dos cegos; o compañeiro dos vellos; o custodio da virxinidade dos novos; o consolo dos anciáns; o descanso do traballador; é escudo na loita contra o mal, consolo dos familiares na morte, dos seus seres queridos, compañeiro da viaxe cara a Casa do Pai, misterioso fogar, por iso?cando meten un defunto na caixa lle poñen o Rosario nas mans.


Mediante o Rosario, oscristiáns obtemos abondosas gracias recibidas pola Nai do Redentor. Os papas?atribúenlle moita importancia: Paulo VI puxo de manifesto o carácter evanxélico do?Rosario e dinos que é tamén unha oración cristolóxica. O Rosario é oración predilecta, pregaria maravillosa pola súa sinxeleza e profundidade. No trasfondo das avemarías pasan diante dos ollos da alma os episodios principais da vida de Xesuscristo. É un conxunto que consta de misterios gozosos, dolorosos, gloriosos e da luz, xa que o misterio do Rosario ponnos en contacto con Xesus-Cristo a través do corazón da súa Nai. A pregaría do Rosario sintetiza o ritmo da vida humana individual, familiar e social. Mediante o Rosario acadamos gracias. Recitalo é contemplar en María a faciana de Xesús-Cristo. Conduce o corazón da vida espiritual e ofrece unha oportunidade espiritual e pedagóxica. De outubro do 2002 a outubro de 2003 foi o Ano do Rosario.


Na actualidade o rezo do Rosario está pasando por unha fonda crise: uns din que o Concilio Vaticán II, o poñer como moi importante a liturgia, provocou en algúns cregos a disminución da importancia do Rosario. Outros din que é unha oración pouco ecunémica, polo seu carácter marcadamente mariano. É necesario que as nosas comunidades familiares e parroquiais se convertan en auténticas escolas de oración e o Rosario é a mellor é tamén a máis completa oración. Algunhas circunstancias históricas axúdannos a darlle un novo ímpetu o seu espallamento, xa que temos urxencia de implorarlle a Deus o don da paz. Promove-lo significa mergullarse na contemplación do misterio de aquel que é a 'nosa paz', xa que e unha oración contemplativa que nos ensina a contemplar a Cristo en María, modelo insuperable de oración. Ensínanos tamén a recordar a Xesús-Cristo con María, a comprender a Xesús desde María, a configurarnos con Cristo e con María, xa que o discípulo ten que imitar o mestre. O Rosario é o compendio do Evanxeo. O camiño da asimilación dos misterios de Xesús.


Nel temos que pedir a paz do mundo e a unión das familias, xa que 'familia que reza unida permanece unida' e reproduce algo o clima que se vivía na casa de Nazaret.


Te puede interesar