Opinión

Buciños

Cando contemplamos a obra de Buciños sentimos unha recreación interior, unha serenidade case zen, que nos fai suspirar complacidos. ¿Quizáis o poder curativo da arte? Esta contemplación é un regalo e un bálsamo ó mesmo tempo. Non consegue a frialdade do bronce eliminar a calor dos sentimentos humanos que alí se expresan: o amor da familia, o abrazo dos namorados, a dozura maternal da nai co fillo, ese amor que transforma nun baile entregado a mirada protectora e incondicional, a soedade xoguetona e outras veces soedade intimista nas figuras que aínda que están soas, parecen cheas de sí mesmas, felices de coñecerse, por eso xogan, ou danzan, ou recollen rosas, ou soñan...


É admirable a complicidade que inspiran os corpos xuntos, de leal sentimento, a fusión limpa e sensual. É admirable a calidez das mans, ese trazo que transmite sensibilidade e nobreza por igual. Nada hai estático, nada está calado.


Todo en Buciños é pura poesía en movemento, todo xira ondeado por unha brisa suave, un ‘vento halagüeño’ que rodea os corpos agariñándoos e lle fai alzar os brazos ó infinito esperando algo, desexando algo, soñando algo.


Te puede interesar