Videos Ourense

Luis Davila recibe o premio Trasalba

O ilustrador, viñetista e pintor Luis Davila recibiu o premio Trasalba no pazo que foi fogar de Ramón Otero Pedrayo. 

A fundación que leva o nome do autor galego recoñece así o seu traballo pola cultura e a língua galega, a través das súas obras, especialmente as súas viñetas de "O Bichero", de gran difusión na prensa e nas redes sociais galegas.