CULTURA GALEGA

El fotógrafo alaricano José Suarez crea escuela en Argentina

Trátase da maior exposición realizada ata o momento sobre este fotógrafo de Allariz, considerado un dos grandes nomes da fotografía do século XX.

Imaxe da exposición en Arxentina
Imaxe da exposición en Arxentina
El fotógrafo alaricano José Suarez crea escuela en Argentina

A Cidade da Cultura Organiza unha mostra en Arxentina do fotógrafo alaricano José Suarez. A exposición ‘Unos ojos vivos que piensan’ inaugurouse onte no Centro Cultural Borges de Bos Aires, onde poderá visitarse ata o 9 de novembro. Trátase da maior exposición realizada ata o momento sobre este fotógrafo de Allariz, considerado un dos grandes nomes da fotografía do século XX.

A directora de Acción Cultural da Fundación Cidade da Cultura gabou esta itinerancia para dar a coñecer a obra deste fotógrafo pouco coñecido polo público e poñer en valor a cultura galega no exterior.

De ‘Mariñeiros’ a ‘La Mancha’

Comisariada por Manuel Sendón e Xosé Luis Suárez Canal, dous referentes no estudo da fotografía galega, a exposición descúbrelle ao visitante a figura de José Suárez (Allariz, 1902-A Guarda, 1974), fotógrafo artista, profesional dotado dunha forte visión humanista e innovador que decidiu incorporar á fotografía movementos de vangarda europeos como a Nova Visión ou a Nova Obxectividade.

Na Sala 21 do Centro Cultural Borges poderanse contemplar series tan importantes como ‘Mariñeiros’, realizada a mediados dos anos 30 e exposta en París ou Madrid; as tomadas durante as súas viaxes a Xapón; ou algunhas das últimas que realizou na súa vida como a serie ‘La Mancha’ (1965). Pero tamén todo o traballo levado a cabo durante os seus anos no exilio, que transcurriron principalmente entre Arxentina e Uruguai.

Exilio en Arxentina

De feito, ‘José Suárez. Unos ojos vivos que piensan’ supón o regreso de José Suárez a Arxentina da man da Xunta de Galicia e a Embaixada de España naquel país austral. O fotógrafo de Allariz pasou a maior parte do seu exilio neste país, onde chegou en 1936 tras fuxir de España por barco desde Lisboa en compañía do pintor Manuel Colmeiro. A súa vida en Arxentina estivo moi vencellada ao cine, participando nun número importante de películas como director, director de fotografía de exterior, iluminador, axudante de dirección ou asesor técnico.

Montevideo, seguinte parada

Tras expoñerse con éxito na Cidade da Cultura, a mostra viaxou ata o Instituto Cervantes de Madrid e proximamente seguirá a súa itinerancia por Uruguai, París ou Xapón, todas elas cidades clave na vida de José Suárez.