ANDAINA

Lobios inaugura en Sampaio a Ruta dos Castelos

20170409190740884_result
photo_camera Participantes na andaina inaugural

Ten 8,5 kilómetros de longa e transcurre entre carballeiras e castiñeiros ó pe da serra do Xurés

O Concello de Lobios conta desde o pasado sábado cunha nova ruta de sendeirismo, a Ruta dos Castelos. Ten unha lonxitude de 8,5 kilómetros e atópase situada na parroquia de Sampaio e é froito do traballo desenvolvido pola Asociación Xuresianos-Geresianos (Axuge). A andaina de inauguración tivo lugar na tarde do pasado sábado, coa participación de medio cento de personas, entre as que se atopaban o presidente do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices, e a alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez.

Antes de iniciar a marcha, os responsables da asociación Xuresianes-Geresianos, xunto coa alcaldesa e o presidente do Parlamento descubriron un gran panel, no que se reproduce o traxecto, os atractivos que os sendeiristas poden atopar no mesmo e unha breve descripción da riqueza paisaxística, natural, patrimonial e fauna que se pode atopar ao longo dos oito kilómetros e medio do percorrido.

Unha vez rematada a ruta, que ten unha dificultade media-baixa, a alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez, resaltaba a beleza da mesma, "pois transcurre por una das zonas máis bonitas do Xurés". A alcaldesa felicitou a asociación Axuge por esta iniciativa, coa que "se intenta poñer en valor o Xurés, e agradeceu a presencia e a colaboración do presidente de Miguel Ángel Santalices e amosouse convencida de que este trazado acabará por conquistar a moitos amantes da natureza e do sendeirismo.

A ruta chámase "dos castelos" porque transcurre ó pé da serra do Xurés, por unha zona na que os grandes muros de pedra da serra dan a sensación ó camiñante de atoparse por unha senda flanqueada por castelos.

Esta Ruta ven a sumarse a outra que se inauguraba tamén na mañá do sábado, a "Ruta dos oito miles do Xurés", promovida pola asociación Lirio do Xurés. Esta abrangue en realidade oito rutas diferentes, que se irán inaugurando paulatinamente cada primeiro sábado de mes, e que levan ata o cumio dos oito montes da serra do Xurés que superan os mil metros de altura. O sábado inaugurouse a primeira, a que leva ata o Alto do Pisco, de 1.398 metros de altura.

Te puede interesar