OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
LITERATURA
A Biblioteca Pública de Verín acollerá os fondos bibliográficos de Manuel Taboada Cid, fillo de Taboada Chivite, logo da donación feita pola súa viúva, Marinieves de Paula. A biblioteca verinense converterase deste xeito, xunto co Museo do Pobo Galego, nun dos principais centros de consulta para investigadores sobre a familia Taboada.
A biblioteca de Taboada Cid, centrada maioritariamente no seu traballo no eido da Filoloxía, ten uns 1.700 volumes, entre os que figuran algúns manuscritos do propio autor no eido da investigación sobre o arado radial no sur da provincia, revistas impresas en Portugal na década dos anos vinte do século pasado -moi probablemente procedentes do seu pai Taboada Chivite-, conferencias e artigos publicados en revistas especializadas. O meterial foi recibido pola concelleira de Cultura, Emilia Somoza, que amosou o seu agradecemento a Marinieves de Paula por esta valiosa cesión, resaltando que "agora a biblioteca de Verín terá un vínculo sentimental moi importante coa familia Taboada, estando aquí representada polo fillo do insigne etnografo e profesor Xesús Taboada Chivite".
Manuel Taboada Chivite naceu en Verín en marzo de 1946. Era fillo do ilustre verinense Xesús Taboada Chivite. Será da man do seu pai como empece a súa afección pola investigación, xa que o vai acompañar en múltiples visitas, paseos e entrevistas, especialmente polo val de Monterrei, na procura de restos arqueolóxicos e xeiras etnográficas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
LUCHA CONTRA INCENDIOS
La base de Verín-Oímbra cuenta con nuevo avión
CULTURA PARA A IGUALDADE
Monicreques e cabaret infantil na comarca de Monterrei
Lo último
AUMENTO DEL CLAUSTRO
Galicia recibirá 4,2 millones para pagar a nuevos profesores universitarios
ARRANCA LA TEMPORADA
Estrela Futsal y Castro abren en Verín la Primera División 26-27