Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Verín
O CEIP de Castrelo do Val deseñou o cartaz oficial que representará o vindeiro "Desfile Infantil" do Entroido
2018, que percorre durante a mañá do Xoves de Comadres as rúas e prazas de Verín.
Nesta ocasión, do mesmo xeito que na anterior edición, os representantes dos centros educativos que participan no desfile decidiron, por unanimidade, que o deseño debía ser realizado polo colexio responsable da apertura do desfile, nesta ocasión, o CEIP de Castrelo do Val.
Tras elaborar este centro tres carteis, representantes das Garderías Pinocho e a Asociación Tres Reinos de A Gudiña; os CEIPs Rodolfo Núñez de Vilardevós, Princesa de España, Augusto Assia de A Mezquita, Colexio Rural Agrupado Monterrei, Colexio María Inmaculada, Amaro Refojo, e o IES García Barbón seleccionaron mediante votación o cartaz oficial do "Desfile Infantil" 2018.
400 euros en material
O centro educativo recibirá un vale de 400 euros para material escolar e deportivo, a adquirir en establecementos do Concello de Verín.
Os rapaces de Castrelo substitúen así ós de Vilardevós, que foron os elexidos para encabezar a marcha dos cativos do xoves de comadres no 2017, onde máis de 800 escolares participarán nunha das citas ineludibles do Entroido verinense.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
Lo último
VIAJAR ES UN PLACER
El turismo masivo ya afecta al 77% de los viajeros de negocios en España
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
A medida do tempo