O PSOE do Irixo propón a compra de casas rectorais
CARBALLIÑO
O concelleiro Iago Fariñas Valiña considera que é "unha obriga moral non deixar que se perda o patrimonio deste concello.
O portavoz do grupo municipal socialista do Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou unha moción instando ao Concello á adquisición para a súa conservación e posta en valor das casas reitorais abandonadas. O concelleiro considera que é "unha obriga moral non deixar que se perda o patrimonio deste concello, senón arranxalo, conservalo e destinalo para uso e desfrute dos veciños ou dotar, nesas instalacións, outros servizos". Nese sentido, solicita que se inicien as negociacións coas autoridades eclesiásticas e se poña en marcha un obradoiro para destinalas a vivendas de turismo rural, albergues, centros culturais, dotacionais ou municipais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga