OURENSE NO TEMPO

O Balneario da Burga

O 27 de outubro do 1925, o inxeniero Pedro García Faria, considerado un dos millores do noso país, rematou o diseño deste balneario

O Balneario da Burga

O habitual é mostrarvos imaxes de edificios ou lugares que existiron. Hoxe mostrovos un edificio que houberamos querido que existira, pero non pudo ser.

Xa dende a epoca dos romanos, a nosa Auria tivo unha estreita relación ca auga, non en vano, as Burgas son o noso símbolo de identidade.

Algo se ten feito, e nos últimos anos penso que se está a traballar en serio, no lanzamento da nosa provincia como destino turístico termal. O de hoxe non e unha queixa, senon unha lamentación.

Botadelle unha ollada calma o plano que vos presento, e imaxinade o pulo que houbera tido nos comezos do seculo pasado a nosa Burga con este formidable edificio na sua contorna; e ainda por riba, aproveitando o salutifero caudal da sua auga.

O 27 de outubro do 1925, o inxeniero Pedro García Faria, considerado un dos millores do noso país, rematou o diseño deste balneario, que iría ubicado no que daquelas era a finca dos Taboada (para que vos fagades unha idea, sería onde hoxe está o que chaman xardín de Cachafeiro, as escaleiras de Calpurnia Abana e moitos dos edificios que están a esquerda da Burga). Non consta que ninguén lle fixera o encargo, o que si sabemos e que daquelas, este afamado inxenieiro do estado traballaba en proxectos de saneamiento (Cartaxena, Barcelona, etc), e estaba ligado ós proxectos do rerrocarril, polo cal poidera ser que tivera que vir dar unha volta pola nosa xeografía e tivera contacto ca nosa Burga (loxicamente, e unha especulación). Independentemente dos motivos, o feito e que o Sr. García Faria decidiu facer un magno proxecto, no que a maiores do edificio que tentaría rentabilizar as augas termais da Burga, estaba previsto tamén facer unha zona publica de baños. Supoño, e penso que non me trabuco, que o altísimo coste económico de proxecto foi o que impediu que se poidera levar o fin.

Un detalle curioso é o de como chegou a cidade o traballo de don Pedro; que por certo posiblemente teña un valor engadido, que é o de poder ser o último traballo feito por el, xa que faleceu no ano 1927. Non sabemos se o encargado do seu estudo de arquitectura, ou o persoal da sua oficiña no ministerio, ou se acaso a familia, cando revisaba os seus documentos, logo do falecemento, atopa iste traballo, e decide envialo as autoridades municipais, por si fora de interese a sua execución. Recibiuse na cidade en maio do 28.

Se dispuxera de tempo, intentarei facer un par de entradas máis extensas, como merece este proxecto, ainda que o ideal seria que alguen con mais coñecementos decidira facelo. De ser así, conta ca miña axuda no pouco que eu poda facer.



La verdad es que seguir añorando el edificio del Hotel Roma, o la casa de la Misa del Alba, no conducen a nada, ni siquiera, como hago hoy, lamentar que ni la iniciativa pública ni la privada se decidieran de aquellas a construir lo que probablemente hubiera sido la confirmación ya en aquellos tiempos de la magnífica capacidad de nuestra Auria para el turismo termal. Dicen que nunca es tarde si la dicha… No sé si hoy sería posible llevar a cabo este proyecto tan bello al menos en el papel, pero a ver si es cierto que al menos se decide dar impulso a este posible “futuro”.