ENTREVISTA

Carmen Penim: "As mestras republicanas de Ourense utilizaban os métodos máis avanzados"

uploaded_carmen_penim_horizontal
photo_camera Carmen Penim.

A compositora ourensá publica un libro-CD titulado "Herdeiras" que serve para a recuperación da historia das mulleres galegas represaliadas

 

A compositora ourensá Carmen Penim recupera a memoria das mulleres galegas represaliadas na Guerra Civil a través dun libro-CD titulado "Herdeiras", onde fillas e netas destas loitadoras contan a súa historia, ca colaboración de poetas e investigadores. No proxecto hai oco para Ourense, cas mestras republicanas que aplicaron a pedagoxía máis moderna da época. 

“Herdeiras" naceu cunha canción.

A idea  veu de casualidad, fun a unha charla de Luis Bará e os relatos que contaba de mulleres da guerra e da represión eran tan fortes que dixen: "Teño que facer unha canción desta historia tan bonita". Ca canción non parecía que estivera a cousa completa, eu conectaba ca vida desas mulleres e había máis historias que contar.

Por que non decidiu que o proxecto fose en solitario? 

Era moito para min soa, era moi doloroso e pedín axuda a mulleres poetas. Chegou un momento en que as historias me cubrían coma unha sombra espesa e ter outros puntos de vista enriquece o traballo. Había algún poeta home que se queixaba, porque eu quería facelo en clave feminina.

Entón tamén hai “Herdeiros".

Claro. Tiña que ser algo coral, que teña sitio quen queira. 

Que historia escoitou primeiro? 

Impresionoume moito a solidaridade das mulleres que ían axudar na ría de Vigo a un barco-cárcere con presos doutros lados de España. Levábanlles empanadas e lavábanlle a roupa aínda que non tiñan nada que ver con elas. Grazas a elas foi un pouco máis levadeiro todo. Esa historia abriu a porta. Despois, os relatos de mulleres violadas, rapadas, torturadas de maneiras que costa ata dicilo en voz alta. 

Cal é o relato máis duro? 

O poema de Marga Doval, que conta a historia dos seus tíos-abuelos: Angelita e Fernando. Conta todo dende o punto de vista de Angelita, unha muller que non pode crer que o seu home foi asasinado, di que o segue vendo pola rúa e que non é verdade que está morto. Angelita toleou e anos máis tarde déixanlle abrir a tumba, onde estaba Fernando ca roupa que ela recordaba.

Que conta a súa letra “Vertical"? 

Foi composta no río, a verticalidade das árbores e a unión deste mundo co outro, que na ideoloxía cristian está arriba-no ceo- , é o sentido. É a muller que queda soa co seu neno, pero a pesar da morte están aínda conectados. É unha presencia fantasmagórica que queda arroupándoa e está conectada por ese fío vertical co outro mundo. 

O proxecto alude a memoria. Tamén mira á actualidade? 

Nun poema de Eva Veiga fálase do sentido de herdanza, de identidade. Estas mulleres loitadoras que collían un fusil ou saían á noite do monte a apoiar aos homes fuxidos son coma un sentimento de unión. Elas estaban traballando polo futuro, como facemos nós agora, pensando nas nenas que virán.

Quen son as ourensás do libro?

Xosé Manuel Cid, profesor da Universidade de Vigo, reivindica ás pedagogas e mestras republicanas, que eran moi avanzadas en dereitos sociais e aplicaban métodos pedagóxicos moi novos, o último que estaba acontecendo no mundo. Aurora Marco reupera a historia dunha muller de Sandiás que se botou ao monte para manter a familia unida. Quedou co seu fillo para que non morrese so. 

Te puede interesar