Manuel Seoane buscará ser reelixido na Peroxa
MUNICIPALES
Seoane está a rematar o seu décimo mandato e aspirará a saír elixido máximo mandatario local por undécima ocasión
Manuel Seaone, un dos rexedores máis veteranos da provincia, presentarase á reelección como alcalde da Peroxa polo PP o vindeiro 26 de maio, coa concentración de terras e a política de vivenda como eixos principais do seu programa electoral.
O presidente provincial dos populares, Manuel Baltar, destacou na súa presentación a "ambición" de Seoane, que ten esa calidade como "lema de traballo" e que converteu en "realidades" as ideas, o que o levou a encadear maiorías absolutas.
Seoane está a rematar o seu décimo mandato e aspirará a saír elixido máximo mandatario local por undécima ocasión, o que para Baltar fala "moito e moi ben" do currículo deste alcalde. Foi elixido rexedor por primeira vez no 1979, nun momento no que o municipio "carecía dos servizos máis básicos, tanto en comunicacións como en infraestruturas, mesmo sen electrificación rural en moitas zonas ou aldeas sen pavimentación", destacou o propio candidato.
Nese senso, o aspirante destacou que o cambio nestes 30 anos foi "enorme", ao estar dispoñibles xa todos os servizos básicos para a cidadanía, o que supón "un punto de partida importante para manter a poboación e que completamos cunha ampla política social coa construción de 77 vivendas de protección oficial e outras sete máis en proxecto".
En canto a este vindeiro mandato, Seoane ponse os deberes de "loitar contra un dos principais obstáculos" para continuar a desenvolver o concello, como é o excesivo minifundismo. "Levo moitos anos traballando pola concentración de terras para acabar coas dificultades que atopan as explotacións agrícolas, gandeiras e forestais que queren implantarse no noso territorio e vexo que o actual conselleiro de Medio Rural, como ourensán, é moi sensible a este tema".
O concello da Peroxa conta con 14 parroquias, 143 núcleos de poboación, máis de 200 quilómetros de redes de auga e 120 de pistas municipais, o que fai máis destacabale, segundo Baltar, o traballo do alcalde , a mosando a súa "gran dose de capacidade".
Baltar mostrou a seguridade de que a candidatura do PP será a "gañadora" , ao estar encaebzada por quen "mellor coñece o seu concello". n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último