vida | entrevista

Mounqup, unha senlleira voz dende o rural ourensano

A BOLA (POBO DE FONDO DE VILA). 17/01/2018. OURENSE. Retrato de Camille Hédouin, la artista conocida como Mounquip y afincada en el pueblo de Fondo de Vila, en Pardevedra en el Concello de A Bola. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Camille Hedouin.

A inquedanza de Camille Hedouin por levar a cabo unha forma de vida máis concienciada co entorno medioambiental levouna a dar un xiro na súa vida e mudarse a un pequeno pobo de A Bola, Ourense, e fomar parte do ilusionante proxecto de recuperación da aldea de Saumede. Ademáis, tamén recuperaou súa paixón pola música e a súa faceta como cantante

A inquedanza de Camille Hedouin por levar a cabo unha forma de vida máis concienciada co entorno medioambiental levouna a dar un xiro na súa vida e mudarse a un pequeno pobo de A Bola, Ourense, e fomar parte do ilusionante proxecto de recuperación da aldea de Saumede. Con elo tamén retomou a súa paixón pola música e a súa faceta como cantante dando vida a Mounqup, o seu alter ego. Cunha voz senlleira que canta en galego e inglés e se move entre o jazz, a canción de autor, o folk e a electrónica, consegue espertar o sentido do ritmo e contaxiar enerxía. Pasen e escoiten. 

Como comezou na música?

Escoitando música na radio, comenzei cantar con The Cranberries e máis seriamente con Mariah Carey.

Como definiría o seu estilo?

É dificil definilo. Simplemente fago o que me gusta cos medios que teño. Pódese decir “electrónica vocal rural” (risas).

Está presentando “Proba de son", que se atopa o ouvinte nel? De que influencias bebe?

"Proba de son" é o meu primer disco. Nel se pode atopar máis ou menos, claramente, cousas que me gustan... pero gustánme moitas cousas en moitos estilos, así que non sei ben que decir. Podo falar de grupos como Animal Collective, The Knife, Battles, Broadcast, Radiohead ou Tune Yards, pero cada música que escoitei ou que escoitarei pode influirme sen querer.

A súa música escoitase en galego e inglés, cales son os motivos? Resultalle difícil ao non seren as súas linguas maternas?

Inglés e galego son as dúas linguas que sei falar máis ou menos correctamente. Non podo decir que é difícil porque non me preocupo realmente de cuidar un alto nível de linguaxe. Como co resto, fago cos medio que teño. Gustaríame encontrar a forma de cantar en francés sen ter vergoña pero sempre ben. Si soubese outras linguas, de seguro intentaría cantarlas tamén. 

Que é o que máis lle gusta da súa faceta como cantante?

Gústame tentar cambiar o rexistro de voz.

Gañadora do Premio Narf no 2017, que supón este galardón para vostede?

Gañar este premio me fai sentir que a miña música ten interés e que debería parar de pensar o contrario, que agora teño que darlle a tope. Estou moi agradecida!

É díficil compaxinar vida persoal e profesional?

Ata agora, non foi tan complicado porque a miña familia me seguía en todas partes por todos os concertos. Aínda que é verdade que para compoñer en casa, pode ser difícil se a peque quere mamar todo o rato, ou para encontrar tempo para traballar a terra, restaurar a casa e adiantar o proxecto de Saumede.

Falando de Saumede, cóntenos algo máis sobre ese proxecto.

A iniciativa de Saumede é un proxecto público co cal pretendemos dinamizar o medio rural organizando eventos, obradoiros, residencias artísticas... na localidade. Aínda fai falta rehabilitar máis o entorno para que sexa bastante confortable e acoller xente durante todo o ano e non só en verán. Leva moito tempo e, sobretodo, somos moi, moi poucos. É verdade que nos gustaría que máis galegos se implicasen no proxecto. É unha pena que o rural esté tan despreciado, hai unha gran riqueza que está abandonada e o que se pode recuperar xa foi feito polos poucos que quedaron dende sempre, así que para os mozos pode parecer complicado integrarse, encontrar o seu espazo. Pero seguimos e... a ver que pasa!

Algún proxecto no que esté inmersa?

Conseguir rematar os que xa comencei: música, Saumede e vivir de forma máis autónoma, ecolóxica e sostible para min e a miña familia. Mellorar como persoa.

Te puede interesar