JORNADA EN EL MARCOS VALCÁRCEL
En Ourense se practican 250 ostomías cada año
Ourense acolle hoxe a estrea dun novidoso xeito de abordar os diarios de viaxe, que ademáis leva firma galega
Por cuestións laborais Belén e Juan movían se a cabnalo entre Barcelona e A Coruña, un traxecto que feito en coche permitíalles sair no memso intre no que o sol asomaba polo horizonte e chegar ao seu destino en pleno ocaso. Contemplar como o astro rei ía avanzando ao mesmo tempo que eles foi o que os levou a por en marcha un novo proxecto.
Emborronaron folios, probaron e acertaron. Decidiron grabar en vídeo toda a traxectoria dende o coche, ao mesmo tempo que ían fotografiando o percorrido. Aquelo convertiuse nun particular diario de viaxe, un vídeo final resultante da animación desa ruta, cuxo punto de salida foi Cabo de Creus e a chegada Fisterra, un traballo final que se concretou en 5 minutos.
AS CONCLUSIÓNS
A esa primeira proposta sumóuselle un segundo percorrido, tamén pola península, pero este comeza na localidade de Sagres, no sur de Portugal e remata en Estaca de Bares. O obxectivo, o mesmo, seguir ao sol no seu movemento según vai transcurrindo a viaxe.
Na rede , que é o destino final deste traballo, a iniciativa vaise enriquecer cun mapa que permitirá ao espectador ubicar en cada segundo o lugar exacto no que se atopa, e ademáis poderá ver as fotografías que se tomaron nese lugar, durante a viaxe. A intención é que asemade poda colgar as súas propias imaxes.
'Península X - Y' non é máis que a procura de novas funcións para o vídeo, a partir da contextualización das imaxes ofrécese unha nova propuesta.
OS PRECEDENTES
Cando comezaron no mundo do audiovisual, Juan e Belén tiñan moi claro que non querían facer nin longas nin narrativa.
Entraron entón no campo dos videoclips e da creación artística. A falta de financiación, os problemas que tiñan para acadar cartos e sobre todo as complicacións cos dereitos de autor levounos a buscar un xeito distinto para abordar esa parcela.
Así crearon 'Iconoscopio', un videoblog no que unen o vídeo tradicional e a rede, na procura de novas canles e formas, aproveitando as infinitas oportunidades que ofrece internet. O que eles propoñen agora é un espacio no que calquera músico, dende calquera parte do mundo, lles pode enviar unha canción para que eles lle fagan un vídeo.
Entre os seus 'clientes' o músico ourensán Emilio José, que nestes momentos está a revolucionar o mundo da música indie, pero tamén varios grupos de México.
A liberdade creativa é total. 'Inconoscopio' terminou por transformarse nun incrible laboratorio de ideas, no que os dous creadores estanse vendo forzados a facer tal cantidade de traballos, que destes xurden novas ocurrencias que despois poden materializarse.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
JORNADA EN EL MARCOS VALCÁRCEL
En Ourense se practican 250 ostomías cada año
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XXVI)
Galería | La colección de un hombre que sabía mucho de aguas
GUÍA DE SUBVENCIONES
CEO y Xunta asesoran a empresas sobre ayudas públicas
Lo último
NO REFLEJA EL IMPACTO REAL
Jácome asume que Ourense puede perder 1,3 millones de fondos europeos
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, jueves 23 de abril?