Parada de Sil homenaxea ao creador de Benposta Colombia
HOMENAJE
O Concello recoñeceu a traxectoria e o labor de Xosé Luis Campo a prol da infancia desfavorecida
O concello de Parada de Sil acolleu onte a súa tradicional celebración do Día das Letras, coa homenaxe a un dos seus fillos ilustres e a entrega dos premios do Concurso de Microrrelatos Parada de Sil-Ribeira Sacra.
O acto, que se celebrou no salón de actos de Concello, que estivo cheo a rebosar, comezou coa homenaxe a Xosé Luis Campo Rodicio, director e responsable de Benposta en Colombia. O alcalde de Parada, Francisco Magide destacou a persoalidade e o labor levado a cabo por Xosé Luis Campo Rodicio, "Pequeno", como é coñecido dende os tempos da súa infancia.
Da laudatio ocupouse, como xa é tradicional, Antonio Carreño, catedrático emérito de Brown e escritor, orixinario de Parada do Sil. Na súa intervención lembrou a obra do cura irlandés Edward Flanagan, que a principios do século pasado fundou unha organización asistencial chamada "Ciudad de los Muchachos" na cidade estadounidense de Omaha (Nebraska), adicada á atención a nenos e xóvenes delincuentes, que seguramente serviu de inspiración para o Padre Silva, fundador de Benposta, con quen empezou e desenrolou prácticamente toda a sua vida Xosé Luis Campo Rodicio.
Precisamente polo padre Silva empezou o homenaxeado a súa intervención, sostendo que a sociedade débelle unha homenaxe, "non tanto á súa persoa, senón á idea", pois na súa opinión, son as ideas as que exercen de motores do mundo. Campo Rodicio retrotraeuse á súa infancia, da que lembrou a aquil neno que só sabía falar galego e ao que castigaban por elo na escola. Máis de coarenta anos despois "sigo falando galego –aínda que con lixeiro acento colombiano, debido ás catro décadas de residencia nise país-, pois é un dos sinais fundamentais da miña identidade", lembrando así mesmo, aos seus pais e irmans, así como aos amigos e compañeiros de vivencias daquil tempo. Defendeu o uso da lingua galega e as súas raíces en Parada, ao tempo que fixo un agradecemento xeneralizado polo homenaxe que recibía: veciños, amigos, familiares e, nomeadamente, ao concello de Parada. Explicou as liñas xerais da realidade do país no que vive e traballa, así como o papel que xoga a institución que dirixe na recuperación e formación de nenos que foron víctimas da guerra civil larvada que leva vivindo o país nas últimas décadas.
A emotividade subiu de tono ca proxección dun video sobre a vida, o labor e o entorno de Xosé Luis Campo e actuación da coral Vellos Amigos de Manuel de Dios. O acto rematou co descubrimento dunha placa na fachada da casa natal do homenaxeado e cos acordes do himno galego.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS VALE PREVENIR QUE APAGAR
Ourense se prepara contra el fuego: un gran simulacro para garantizar una respuesta eficaz
MÍNIMO HISTÓRICO
Ourense registra su peor arranque de año en natalidad
PROYECTO "CAMINO VERTICAL"
La Diputación pone en valor la Vía de la Plata
Lo último