Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
ARTE ET ALIA
Estamos a conmemorar ao artista Manuel Prego de Oliver, co gallo dos cen anos do seu nacemento. Gran creador, os seus temas forman parte xa do canon da pintura galega. A súa inspiración estivo ao longo da súa vida nos Faladoiros cos amigos literatos, e os seus libros, e na escolla do variado abano das súas lecturas. Deste cosmos de cultura procede todo. Prego lé a Verne e Stevenson, e as horas da mocidade sonlle poucas para Papini e Nietztche, ademais de Ortega y Gasset. Así o puidemos constatar no curso do proxecto ‘Prego100anos’, para o que ademáis da parte visible das tres exposicións complementarias e simultáneas na cidade afondamos nas súas técnicas pictóricas e na súa vida, nos seus materiais artísticos e as súas influenza vitais..., e tentamos a reconstrucción da súa librería, dunha fonda importancia no seu pensamento e na súa pintura e que está dispersa. Todo é nel unha ‘kunstliteratur’, que abrangue máis alá das lecturas específicas de arte. Así o Teatro de Gabriel Marcel, Ensueños de Herman Hesse, as Obras completas de Baudelaire..., un elenco no que hai obras do seu tempo, caso de La ciudad y los perros (Vargas Llosa) ou Cien años de soledad de García Márquez. Noutra obra deste autor, El otoño del patriarca, debuxa entre as follas, e tamén na de Liam O’Flaherty, El delator, entre outras. En El rayo que no cesa, de Miguel Hernández, retrata o poeta represaliado no cárcere de Alacant; e sonlle especialmente fértiles os Cuentos de Pío Baroja, no que hai seis debuxos: Errantes, inspíralle unha parella de costas con un neno na paisaxe.
Pero é a relación e trato cos literatos galegos que lle son amigos os que reflicten o seu mundo cotiá: así Valente, José Mª Castroviejo ou Cunqueiro, con que a relación foi intensa. En Si o vello Sinbad volvese ás illas ponlle: ‘Estas historias para Manolo Prego son os relatos dos soños que non hai’. Con Vicente Risco, moito máis que un mestre para íl, Otero Pedrayo e Cuevillas, ou Antón Tovar e José Luis López Cid. E Luís Manteiga, Manolo González del Valle e Fernández Mazas. Para o mestre e poeta Manuel Luís Acuña Sarmiento faille a portada de ‘Fírgoas (Poemas 1930-1931)’, obra que ilustra na reedicción publicada en 1979 na imprenta de La Región.
Eduardo Blanco Amor dedícalle as Farsas que publicara en Buenos Aires en 1953, cando chega a Vigo cinco anos despois: ‘A Prego de Oliver para que descanse de las cosas serias… con un abrazo de un admirador de verdad y de su amigo en serio’. E nos seus derradeiros lustros Torrente Ballester do qun tiña a Saga/Fuga de J.B., e Casares. Este manancial aboia na súa arte, para sentirse galego de seu. As súas imaxes plásticas, forman parte da percepción de Galicia desde os anos cincuenta. Este é Prego, un sólido alicerce da Atenas de Galicia, Ourense, cuxa pintura segundo Alvarado é poesía pura. Dende hoxe poderemos respirala na 82 edición del Congreso del Pen Internacional, que con Tosar ao timón quere construír pontes literarias...
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
SEGURIDADE VIARIA
Xunta e Pereiro de Aguiar melloran a seguridade de varias estradas
Lo último
SE SOLIDARIZAN DESDE TODO EL PAÍS
Luis Rivera, presidente del Centro Comercial Aberto Ourense Centro: “No podemos perder más músculo comercial”
HUELGA SANITARIA
Batas en la puerta del CHUO
ANIVERSARIO
A palabra de Marcos Valcárcel segue viva
AGRESIÓN SEXUAL EN OURENSE
Ratificados los 13 años por violar y “cosificar” a su expareja en Ourense: "Te voy a follar cuando quiera"