ENTREVISTA

Eva Solla: "A prostitución en pisos dificulta o labor dos colectivos; as mulleres están desprotexidas"

OURENSE (AAVV DE MIÑO). 13/03/2018. OURENSE. Conferencia de Eva Solla sobre la prostitución. Presenta Lola Lluch. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Eva Solla, onte na AAVV Miño.

A asociación veciñal Miño acolleu onte unha charla de Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento galego, sobre a prostitución como "estratexia do capitalismo"

A asociación veciñal Miño acolleu onte unha charla de Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento galego, sobre a prostitución como "estratexia do capitalismo". 

Como inflúe o Estado na prostutición?

Hai dous elementos que actúan para que rematen nesa situación: o patriarcado e o estrato social baixo. Normalmente, son vítimas de trata e cremos que non hai medios suficientes nin alternativas reais a esas mulleres para evitar que exerzan a prostitución. A meirande parte delas, fano obligadas, isto é un elemento importante.  

Equipárase á trata?

Os estudos universitarios indican que máis dun 90% de mulleres que exercen a prostitución é de maneira forzada, son vítimas de trata. Non é equiparable, pero no caso da prostitución, a maior parte das mulleres foron vítimas desas redes mafiosas. 

O que si se trata é que se diga que é violencia de xénero.

Para nós, a prostitución é unha forma extrema de violencia de xenero, na que se mestura o ser muller ca cuestión de clase, ser pobre.

Como castigar ao proxeneta e ao cliente?

Debería existir unha regulación que castigase o consumo de prostitución. Fan falla máis medios para a xustiza, investigación e busca deses locais, que cada vez están máis escondidos. Cada vez se exerce máis en pisos particulares. Hai que apostar por dar solucións ás mulleres, con formación e emprego para que poidan saír dese círculo. Os colectivos fan un traballo excepcional con elas, debería poñerse máis énfase neles. A cooperación internacional é un elemento importante.

O cambio de modelo, de clubes tradicionais a piso, dificulta medidas máis integradas?

Si. Os colectivos teñen dificultade para acceder a elas porque non son visibles e están máis desprotexidas, é máis complicado saír de aí.

En que ámbito falta máis formación?

Prácticamente en todos. As forzas de seguridade, en casos como a Operación Carioca, encubrían ou facilitaban a información de redadas. Foi unha aberración arquivar a investigación na que había menores prostituidas. A sanidade ou a xustiza tamén necesitan formación. 

Te puede interesar