TIEMPO EN LA PROVINCIA
Lluvias y tormentas sitúan a Ourense en aviso amarillo
8.000 EUROS
O voceiro do PSOE no Concello de Barbadás (Ourense), Xosé Carlos Valcárcel, denunciou este xoves que o alcalde, José Manuel Freire Couto, gastou case 8.000 euros das arcas municipais en "mellorar a estética do ámbito da súa vivenda familiar".
A través dun comunicado, o concelleiro socialista acusou de "malgastadora" a política de "inverter en estética" mentres "hai no pobo camiños derrubándose e redes de sumidoiros rotas".
É por iso que concluíu que Freire Couto "está a desatender as necesidades dos seus veciños" para "priorizar a estética" do ámbito da súa casa a través da adquisición de "24 camelios de gran tamaño". "É un dispendio", sentenciou.
Fronte a iso, Valcárcel defendeu que "gobernar en tempos de crise" consiste en "mitigar as penurias de veciños que pasan por graves problemas económicos e sociais" en lugar de "destinar preto de 8.000 euros á compra de camelios".
Por último, o socialista lamentou "ter que reprochar de novo a postura de dilapidación" que, nos últimos meses, "está a caracterizar" o rexedor. Así, recordou que os calendarios navideño tiveron un custo de case 5.000 euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TIEMPO EN LA PROVINCIA
Lluvias y tormentas sitúan a Ourense en aviso amarillo
PRIMER SEMESTRE DE 2026
Cae la firma de hipotecas en Ourense, pero aumenta el capital prestado
UN MILLÓN DE EUROS
La Diputación de Ourense moderniza los campos de Esgos, A Peroxa y Pereiro
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy miércoles, 26 de agosto
Lo último
FIESTA PATRONAL
Festas de San Vitorio de Maside
FESTIVAL TRADICIONAL
41 Xuntanza Internacional de Gaiteiros de Monterrei