TESTEMUÑAS DA MEMORIA

Unha vella de aldea que escribiu un libro

_filomena_fraga_2_result
photo_camera Filomena Fraga, na súa casa de Calo, no concello coruñés de Ames.

Sempre admirei a aquelas persoas que non podendo e non sabendo puxeron todas as súas forzas, todo o seu interese, todo o seu tesón en crear algo. Filomena era unha delas.

Sempre admirei a aquelas persoas que sacan tempo ata dun suspiro. Sempre admirei a aquelas persoas que non podendo e non sabendo puxeron todas as súas forzas, todo o seu interese, todo o seu tesón en crear algo. Filomena Fraga non podía. Filomena Fraga practicamente non sabía. Filomena Fraga tiña que traballar na casa e nas leiras, á parte de coidar do seu irmán pequeno, polo que non puido ir moito á escola e iso significaba máis ou menos non saber gran cousa (certo que a vida é a mellor materia de todo un curso, de todos os cursos). Non obstante, e con tan só catro anos de escola (“á que non ía todos os días seguidos e nunca pola tarde, porque cando había traballo había que quedar na casa”), Filomena Fraga escribiu un libro. É normal entón que a admire! Unha persoa practicamente analfabeta, labrega e dunha pequena aldea que consegue sacar adiante os seus soños é para quitar o sombreiro. 

Filomena Fraga, veciña de Calo, parroquia de Agrón, concello de Ames naceu no ano 1926. A maiores dos trabalhos da casa e das fincas, conseguiu servir en Negreira na casa dun médico, onde gozaba cos contos que mercaba para os fillos deste. Na súa casa tan só tiña un libro de misa. Casou cun home ó que tamén lle gustaba ler, e con tres veciños máis de Calo mercaban, ás veces, algunha prensa e, ela, algunha revistiña na feira de Negreira co que saciaba esa ansiedade que se lle evitou de nena.

E á pesar de todas as adversidades daqueles tempos, sempre imaxinou e pensou escribir un libro. Porque a súa cabeza era como unha bolboreta que ía de flor en flor... sobre unha simple anécdota inventaba un conto, cun verso construía todo un poema calquera diálogo convertíao en chiste, ante calquera xesto dal- gún veciño imaxinaba e tradu- cía unha adiviñanza. Pero todo isto estaba na súa cabeza. “Cómo unha vella de aldea vai escribir un libro”, rosmaba unha e outra vez. Pero aahh, eses Anxos Cus- todios que sempre custodian a un... coñeceu a Suso de Toro, un escritor que por aqueles tempos (finais dos 80 e principios dos  90) empezaba a despuntar, que era profesor na Escola Agraria de Negreira, onde estudaran os fillos de Filomena. E este animouna a botar fóra todas aquelas ideas que bulían na cabeza da mulleriña, animouna a abrir A Cancela pa- ra que amosase que, a pesar dos pesares, se se quere, pódese. Filomena Fraga quería case sen saber nada, e puido. Vaia se puido!

Por fin decidiuse a escribir as súas vivencias no ano 1995, á idade de 70 anos, e xurdiu un libriño moi digno titulado precisamente A Cancela. Un libro bonito, no que en cada frase retrata á perfección todo aquel mundo rural e aqueles soños nos que ela mesma se ref lectía. Di que lle levou tres anos a Suso de Toro corrixilo, pero aí están un feixiño de páxinas que buliron, que ferveron nunha cabeciña labrega, sen case recursos e sen practicamente estudos. A forza de vontade de moitos seres humanos é inmensa. A de Filomena Fraga é enorme. Porque a partir de aí, con 70 anos, chegoulle o “éxito” e houbo que responder a charlas, coloquios, conferencias, visitas. Sempre se presenta cunha frase que a define: “Non son escritora, nin son poeta, só son unha vella de aldea que escribiu un libro”. Señora, hoxe é vostede a alegría deste labrego que escribe. Grazas polo seu tesón e por demostrarnos que, sen estudos, pódese ser “cultos”. E sabios, coma vostede, señora Filomena Fraga. 

Te puede interesar