UNIVERSITAS

Na procura de talentos no Foro Tecnolóxico de Emprego

g1-1-_result
photo_camera Parte do alumnado implicado na organización do foro.

O núcleo forte volverá ser no vestíbulo de Minas, pero haberá actividades nas tres escolas de enxeñaría.

Máis de 30 empresas confirmadas e unha nova sección de emprendedores coa que abrir as súas portas a novas e pequenas empresas que están a comezar e que queren amosar os seus proxectos. O Foro Tecnolóxico de Emprego, iniciativa creada fai quince anos polas delegacións de alumnado das escolas técnicas superiores de enxeñaría de Telecomunicación, Industrial e Minas para facilitar o achegamento laboral entre o alumnado que está a piques de rematar e as empresas, volverá ao campus do 2 ao 6 de marzo consolidado xa como un dos máis importantes foros de emprego do ámbito tecnolóxico e o único creado en exclusiva polo propio alumnado co apoio da Universidade e doutras institucións públicas e privadas.

"Este ano decidímonos pola primeira semana de marzo porque consideramos que son os mellores días para facilitar que todos os estudantes que estean interesados poidan asistir ás actividades que temos programadas”, explica Darío Castro, estudante de Enxeñaría Industrial que, tras participar en diferentes ocasións na organización do foro, este ano asumiu a coordinación xeral dun equipo composto por case 70 mozos das tres escolas. “Esta é para nós unha das iniciativas máis importantes que temos entre as mans e, aínda que o traballo é moito, facémolo gustosos co convencemento de que sexamos moitos os que, a través do foro, poidamos conseguir unha oportunidade laboral”, subliña Castro.

Te puede interesar
Más en Universitas