PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
UNIVERSITAS
O Serpens, o terceiro satélite con selo vigués, xa está en órbita. Nesta ocasión os integrantes da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo, capitaneada polo profesor Fernando Aguado, non puideron seguir en directo, coma nos dous lanzamentos previos, o de Xatcobeo e Humsat-D, o momento da inxección en órbita, pero igualmente se reuniron na estación de seguimento da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación para seguir ao minuto o que estaba a acontecer na Estación Espacial Internacional (ISS). Non sen nervios, apenas pasaba un minuto das dúas da tarde, cando desde Xapón chegaron os parabéns e a constatación de que a manobra de lanzamento, realizada desde o módulo xaponés Kibo mediante o JSSOD, o lanzador para cubesats desenvolto pola Axencia Espacial Xaponesa, JASA, fora "un éxito".
Deseñado en colaboración coa Axencia Espacial Brasileira e con outras institucións de ensino superior do propio Brasil, Estados Unidos e Italia, a primeira hora da tarde os membros da agrupación viguesa aínda non recibirán os parámetros orbitais do Serpens e, por conseguinte, a súa identificación e seguimento era moi complicada, o habitual na fase de posta en marcha do satélite, a denominada LEOP (Launch&Early Operations Phase).
"O primordial nesta primeiras horas é que o satélite despregue as antenas de xeito correcto e que poidamos identificalo", recalcou Aguado, ao tempo que explicou que nesta ocasión non se prevé ningún pase por Vigo ata mañá venres e a posibilidade de identificación e de recepción da sinal "depende precisamente da precisión deses parámetros".
Unha vez rematada esta fase de posta en marcha, que pode durar varios días, comezará unha nova na que se tratará de "comprobar o estado de saúde do satélite e dos seus sistemas" e, se todo sae ben, acenderase a carga útil do sistema e comenzaranse a realizar as primeiras medicións. "Despois, ao cabo de outra semana, iniciaranse as probas para recibir datos desde os diferentes sensores de baixo custo, situados tanto en Brasil como en España", explica o docente vigués, que aclara que a idea é facer probas para poder monitorizar, por exemplo, parámetros da conca hidrográfica do Amazonas, así como outros datos de carácter climático ou industrial, xa que o proxecto Serpens contempla a instalación de terminais en diferentes puntos do Brasil, as que suman as existentes en Vigo ou en Pontevedra, froito do convenio asinado entre a Universidade e o concello pontevedrés.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Lo último
LA MÁS GRANDE DEL MUNDO
Vídeo | Perú inaugura una estatua de 14 metros del papa León XIV antes de su visita al país
FÚTBOL SALA FEMENINO
El Estrela Verín emerge, el Ourense Ontime frena
PAROS TOTALES EN AUTOMOCIÓN
Gráfico | La huelga general reduce casi un 10% el consumo eléctrico a primera hora