Domingo Díaz: “Os nenos de saltos do Sil ían en autobús ao colexio e nós andando"
entrevista
Domingo Díaz Docampo dirixe o seu primeiro documental, "O desafío do Sil", que se pode ver hoxe e mañá no Centro Cultural Avenida
A historia dos saltos do río Sil, entre os anos 1945 e 1965 pode verse estos días no Centro Cultural Avenida. Despois do pase para invitados de onte, os interesados poderán ver gratis o documental "O desafío do Sil" hoxe e mañá, a partires das 20,30 horas. E o primeiro que dirixe Domingo Díaz Docampo (Petín, 1967).
Como decidiches dirixir documentais?
Traballaba nunha axencia de publicdade ata que me seduciu a idea de pasarme á producción audiovisual e fun traballar a unha productora para facer documentais. A partir de aí, empecei pola miña conta a facer pequenos documentais, de pequeno orzamento. Pouco a pouco, fun avanzando ata profesionalizarme. Polo camiño estiven traballando noutra productora, esa de produccións comerciais e publicidade, para despois montar Social Docs e dirixir eu. Esta é a primeira longametraxe.
Por que o documental dos saltos do Sil?
Xurdiu por casualidade. Polas tardes vou á biblioteca a desconectar e, saíndo dela, atopei un libro, "La construcción de los saltos del Sil, 1945-1965", de Susana Chávarri. Falaba dunhas obras coas que convivín e de xente que eran compañeiros meus na clase. Pareceume que era unha historia que había que contar e falei con Susana, cedéunos os dereitos e comezamos co documental.
Falenos do que pode ver o público no Centro Cultural Avenida?
O documental pasou por varias fases. Tiñamos algún material de arquivo, de como se habían desenvolvido as obras e tamén entrevistas. Susana veu facer unha entrevista e a visitar connosco tódolos saltos e entrevistamos a xente que había traballado na construcción. A primeira versión do documental tiña un certo valor pedagóxico: que a xente entendera como funcionaba un aproveitamento hidráulico, o proxecto do Sil ou as peculiaridades da empresa Saltos do Sil, que durante un tempo simultaneou moitas obras ao mesmo tempo, algo que non era habitual. O que me fascinou desde o principio foi a transformación social que se levou a cabo nas comarcas nas que se asentou. O que supuxo para unha zona rural onde se vivía da agricultura de subsistencia e a que, de repente, ven unha empresa con salarios máis ou menos bos, con servizo médico e economato. Xurdiu unha clase privilexiada que mudou o entorno. Eu son fillo de agricultores e de pequeño convivín coa xente dos saltos, aquí en Petín. Por poñer un exemplo: eles ían en autobús ao colexio e nós camiñando. Cando xa tiñamos rematada a primeira parte do montaxe atopamos moito material de arquivo que nos pareceu moi interesante. Entón volvimos a empezar a montaxe para meter o material de arquivo, descontextualizado. O atopamos en Saltos del Sil, Unión Fenosa, Iberdrola ou no Ministerio de Agricultura. Imaxina unha producción dunha empresa dos anos 50 falando dos beneficios que vai reportar. O remontamos e esas imaxes, descontextualizadas, ofrecen unha visión completamente diferente. Hai unha frase que me fascina; di: "El agua es vida y las comarcas donde hay agua son fértiles pero las grandes ciudades necesitan energía y la naturaleza va a rendir su tributo". Daste de conta da mentalidade que se tiña ao construir os saltos, de explotar a riqueza.n
Mereceu a pena construir os saltos?
Mereceu a pena para os accionistas e o desenvolvemento xeral de España. Para as poboacións? Non sei se mereceu tanto a pena. O espectador ten que dilucidar quen gañou e quen perdeu.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SECTOR VITIVINÍCOLA
El “amor por la tierra”, promoción de D.O. Valdeorras
ACTIVIDADES INFANTILES
La Diputación estudia aumentar plazas en EsquiOU
Lo último
La Región
La familia apocalíptica
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 7 de marzo
EN EL ÚLTIMO MINUTO
Valverde sale al rescate del Real Madrid ante el Celta de Vigo (1-2)