TRIBUNALES

UUAA presenta demanda penal contra el Consello Regulador da D.O. de Valdeorras

O portavoz do sindicado, Xosé Ramón González, explicou onte no Barco o contido da demanda polas presuntas irreguladores que considera que se cometeron naquela entidade.

O sindicato Unións Agrarias presentou unha denuncia por posible infracción penal contra os responsables do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras por unha posible infracción penal. O portavoz do sindicado, Xosé Ramón González, explicou onte no Barco o contido da demanda polas presuntas irreguladores que considera que se cometeron naquela entidade.

A demanda céntrase en catro aspectos fundamentais, segundo o portavoz de UUAA e que se derivan da auditoría feita dos anos 2014, 2015 e 2016. A primeira irregularidade que plasma a demanda fala da "realización de gastos por encima dos límites establecidos". En segundo lugar, a denuncia refírese á "falta de cumprimento por parte do director técnico e da representante do Comité de Calidade dos procedementos para a inscrición e modificación de datos no rexistro de viñas e viticultores".

Falta de facturas

En terceiro lugar, sinala a "falta de facturas ou outra xustificación de importantes saídas de diñeiro da entidade". E en cuarto lugar, UUAA denuncia a "existencia de diferenzas significativas entre os estados financieiros formulados polo presidente do Consello e os estados financieiros que se corresponden efectivamente cos rexistros contables da entidade".

A denuncia foi presentada o pasado venres, 6 de outubro, no Xulgado de Instrucción de O Barco de Valdeorras. Así mesmo, Xosé Ramón González fixo un chamamento á  Xunta de Galicia e a Medio  Rural "para que aparte á actual directiva do Consello e nomee unha xestora".

Te puede interesar