Xornal Escolar
Galería | Ecovigilantes plantan cara a las colillas
sesión plenaria
43 estudantes de 3º de Infantil e de 4º da ESO participaron xunto ao presidente da Deputación, Manuel Baltar, nunha sesión plenaria na que debateron sobre mobilidade, medio ambiente e servizos sociais. O Salón de Plenos da Deputación de Ourense acolleu esta actividade na que participou o alumnado do Colexio Padre Feojóo-Zorelle de Ourense, que, acompañados polos seus profesores, protagonizaron xunto a Manuel Baltar, e aos deputados provinciais, Montserrat Lama e Manuel Doval, un pleno infantil e xuvenil no que se aprobaron "por maioría" mocións relativas a temas de melloras na mobilidade, medio ambiente e servizos sociais.
O presidente da Deputación de Ourense destacou a importancia de levar a cabo este tipo de eventos que achegan a institución aos máis novos e explicoulles aos alumnos as actividades que se desenvolven no Salón de Plenos da institución provincial. Os alumnos propuxeron diferentes iniciativas de mobilidade e medioambiente, e o presidente destacou que neste senso ao seguinte pleno iría unha proposta para destinar 200.000 euros a un plan de transporte metropolitano da comarca de Ourense. Ao remate do pleno, cada alumno foi agasallado cunha medalla acreditativa e cos libros O patrimonio provincial da ourensanía e Aproximación ao pensamento e ideoloxía de Vicente Risco.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Guerra en Ucrania
Nuevos ataques de Ucrania contra refinerías de Rusia
AVISO DE UN FAMILIAR
Localizan el cuerpo sin vida de una mujer de avanzada edad en un regato de Bembrive