Compromiso de educar para a vida

XORNAL ESCOLAR

O Divino Maestro acolle cada curso numerosas actividades que deixan unha forte pegada no alumnado

C. Rodríguez
Publicado: 09 mar 2016 - 13:13
Un grupo de alumnos do centro poasa ante o busto de Francisco Blanco Nájera.
Un grupo de alumnos do centro poasa ante o busto de Francisco Blanco Nájera.

Moito máis alá da formación puramente académica ou do resultados das probas ás que se somete ao alumnado está o compromiso firme do colexio Divino Maestro por educar para a vida. Para elo seguen unha serie de pautas ou prioridades que fan que este obxectivo sexa ano tras ano unha realidade. Deste xeito predomina un magnífico ambiente de acollida e amizade. Tamén xoga un papel fundamental a organización de actividades de gran calado que deixan unha forte pegada no alumnado, exemplo disto son por exemplo a Feira das Ciencias, as Xornadas Misioneiras, os Grupos Divino Maestro…

Neste afán de educar para a vida xoga un papel fundamental a aposta polas

novas metodoloxías, a utilización das novas tecnoloxías dixitais e o plurilingüismo no que todos xuntos traballan con esmero. Non podemos esquecernos que ningún destes obxectivos serían posibles de non ser pola participación das familias en todas as actividades que lles propón o centro en continuo proceso de formación mediante Escolas de pais, comisións e titorías grupais.

As actividades extraescolares son outro punto forte do centro que ademais é promotor de actividades físicas e deportivas, actividades en inglés dende os máis cativos ata adultos, actividades culturais de guitarra, teatro e ANPA e por último, a apertura do centro non só á comunidade educativa (pais, profesores e alumnos), senón tamén ao barrio, podendo participar nas actividades todo aquel que o desexe.

Contenido patrocinado

stats