XORNAL ESCOLAR

Cristina, unha mestra moi divertida

San Cibrao das Viñas. 13-03-15. Provincia. Gravación do programa de Xornal escolar do Ceip de Ramirás.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera O CEIP Rogeio García Yáñez en Telemiño.

Cristopher, Carmen e Félix, de 5º de Educación Primaria, participaron no segundo programa "Xornal Escolar" de Telemiño coa súa ensinante de inglés Cristina Fernández

O CEIP Rogelio García Yáñez de Ramirás é un centro rural no que se imparte Educación Infantil e Primaria. Este centro de ensino está en xeral moi ben dotado, xa que conta con pizarra dixital en todas as aulas, dispoñen dunha magnífica biblioteca, o recuncho máis dinámico do colexio, a aula de plástica, psicomotricidade, departamento de orientación compartido, música e inglés. Ademáis, posúen cociña propia con menús saudables. Neste centro conmemoran o Samaín ao grande. Non é un Samaín calquera xa que cada ano disfrutan dunha gran variedade de actividades, sendo o "Túnel do Terror", o gran protagonista.

Este ano, celebran o Ano da Ciencia por todo o alto. Cada ano céntranse nun proxecto distinto, esta edición centráronse na ciencia. De feito, están a investigar, a facer experimentos, prácticas científicas e unha exposición de libros de ciencia. Encarna Villanueva a directora destaca que se presenta un fin de curso cheo de actividades: a semana de experimentos científicos na biblioteca coa participación das familias, sesións de contacontos, actividades deportivas, participación no teatro de Bande, excursións e festas para cerrar o curso escolar.

Dende cando é o rato a mascota do cole?

A verdade non o sei. Levo catro anos no centro e cando comecei xa existía a mascota. Levamos no Plambe, que é o plan de melloras das bibliotecas escolares, dende 2006 e eu rondo que nacería por esa época, non sei a data exacta.

Estás de acordo con que os alumnos leven moitos deberes para casa?
Non, non estou de acordo con esto. Creo que sí deben levar algunha tarefa sinxela para crear un hábito de estudo diario, eso é necesario, pero non estou de acordo con que pasedes toda a tarde a facer deberes porque tamén tedes que practicar deporte, pasalo ben, xogar e divertirvos.

O lado máis persoal

Aos alumnos gústalles saber que opinan e que fan os seus mestres no tempo de lecer. Por eso os escolares do colexio Rogelio García Yáñez agardaban entusiasmados a chegada do momento das preguntas persoais da profesora Cristina. Ela, respondeu cada unha delas encantada e mostrouse en todo momento do máis simpática e divertida. Os presentadores formuláronlle nesta ocasión tres preguntas neste apartado.

Cales son as túas afeccións?

Gústame bailar, correr, ir o ximnasio e tamén me gusta moito ler.

Cal foi a última viaxe que fixeches?

A última viaxe foi no mes de novembro, fun a Londres. Repetín outra vez, como mestra de inglés xa que me encanta. Esa foi a última viaxe que fixen.

Por que a túa clase está tan adornada?

Encántame facer manualidades e aos meus alumnos tamén. Entón adornamos moito as clases. Quero crear así un espazo onde esteades cómodos, nun ambiente decorado sénteste mellor. Ese é o motivo polo que decoro as clases.

Os alumnos do Ceip Rogelio García Yáñez pasáronno moi ben no plató e quedaron con ganas de voltar. Durante estes días puidemos comprobar a gran familia que son no colexio de Ramirás.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?