XORNAL ESCOLAR

Innovación educativa

Reportaje CEIP Divino Maestro
16-2-16
Biblioteca
photo_camera Varios escolares en la biblioteca del colegio Divina Pastora.

O Divino Maestro é un colexio plurilingüe que aposta firmemente polo incremento progresivo dunha nova lingua estranxeira e polo uso das novas tecnoloxías

O Colexio Plurilingüe “Divino Maestro” é un colexio concertado de Ideario Católico pertencente á Congregación das Misioneiras do Divino Maestro fundada por Francisco Blanco Nájera (que foi Bispo de Ourense) e Madre Soledad de la Cruz a mediados do século pasado.

Este centro de ensino ourensán de referencia, aposta firmemente pola innovación educativa e para elo fai uso de novas metodoloxías de ensino co fin principal de dirixir a educación dos seus alumnos moito máis alá do aspecto estrictamente académico, chegando a alcanzar todos os ámbitos da persoa. Un claro exemplo deste método xa se pode ver reflexado en Educación Infantil, onde se aposta polo traballo en "Intelixencias Múltiples", teoría impulsada por Howard Gardner. Por outra banda, en Primaria impulsan a aprendizaxe cooperativa, favorecendo así o traballo en equipo, e xa na ESO se continúa cun traballo centrado nas metodoloxías adquiridas.  


COMPETENCIA LINGUÍSTICA

Como centro plurilingüe que é, o colexio Divino Maestro está a apostar polo incremento progresivo da primeira lingua estranxeira, neste caso o inglés, non só no currículo dos seus alumnos impartindo algunhas asignaturas en inglés como é a asignatura de Plástica en Primaria e a Educación Física en Secundaria, senón tamén coa presenza durante todo o curso do Auxiliar de Conversa, que está a contribuir a incrementar a competencia lingüística dos alumnos así como a participación dentro do Plan BEDA de fomento do Plurilingüismo. Estes métodos de aprendizaxe dunha nova lingüa dende idades temperás están a resultar do máis froitíferos curso tras curso xa que as melloras no alumnado son notables.

NOVAS TECNOLOXÍAS

Outro dos puntos fortes do colexio Divino Maestro son as novas tecnoloxías, tan importantes na formación actual e socialmente en auxe. No centro utilízanse en cada unha das aulas, grazas ás pizarras dixitais, as dúas aulas de informática coas que contan, así como as aulas do proxecto Abalar en primeiro e segundo da ESO, dotadas de ultraportátiles para o alumnado.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar