SOLIDARIEDADE

Presentación do libro solidario "A superavoa de Antón"

HGGH

A intención deste traballo é pór en valor o papel das avoas ao longo da historia

Este venres, 21 de abril, o activista Meu Rei e Mestre de Primaria, Javier Domínguez Pérez; e Alba de Evan, xunto ao ilustrador Marcos Atípico, presentarán o libro solidario "A superavoa de Antón", un proxecto colaborativo para recadar fondos para a fundación Meniños. A cita será ás 19.00 horas, no salón de actos da Fundación CEO en Ourense.

Meui Rei, activismo pola infancia, é un movemento en favor da infancia que colabora con diferentes ONG´s para axudar a que acaden os seus obxectivos nas diferentes campañas que levan a cabo. A recadación íntegra da venda dos libros irá destinada para axudar na importante tarefa que realiza Meniños en Galicia. Traballa en prol da infancia, a loita en contra do seu abandono e maltrato.

A intención deste traballo é pór en valor o papel das avoas ao longo da historia, enxalzar a súa figura como as loitadoras e traballadoras incansables que son. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma