XORNAL ESCOLAR

Reivindicativos no plató

photo_camera El plató de Telemiño con los protagonistas del programa Xornal Escolar.

O Ceip Plurilingüe Profesor Albino Nuñez participou activamente no programa "Xornal Escolar" de Telemiño e aproveitaron para pedir novas instalacións para Educación Física

Alegría, ilusión e os primeiro pasos na televisión é o que se levaron os co-presentadores do Ceip Albino Nuñez despois das gravacións realizadas para o programa Xornal Escolar de Telemiño.

O concursante desta semana é o director do centro, Xosé Rodríguez, que superou as probas que tiñan preparadas.

Cal é o español que se proclamou campeón do mundo en partinaxe artística?

A verdade é que me sorprende esta pregunta, pensei que me preguntarían quén é o máximo goleador da liga. Gústame que estes rapaces pensen en deportes minoritarios que son os que hai que fomentar, xa que teñen moito sacrificio. Creo que é Javier Fernández que con anterioridade fora subcampeón e agora conseguiu o campionato.

Como se chama o novo conselleiro de Educación?

Teño que sabela, ademais de director do centro son membro da xunta autonómica de directores.

Leva pouco tempo de conselleiro, sustituíu a Jesús Vázquez, que é realmente a alma máter desta lexislatura, no que o ensino se refire. O conselleiro é Roman Rodríguez, de Lalín.

Dous nomes galegos de deportistas importantes?

David Cal que ten moitas medallas e un referente no futbol galego, Fran, do Deportivo da Coruña.

Que servizos complementarios ofertará o noso cole para o próximo curso?

Ademais dos que veñen dados, que son os de comedor escolar e transporte escolar, temos  unha gran variedade de actividades extraescolares e tamén esperamos ter para o próximo curso o servizo de acollida temperá, para que as familias poidan traer aos seus fillos antes de comezar as clases.

A anpa está moi comprometida co centro, esta intentando facer moitas actividades, traballan moito. Unha sería a atención temperá e tamén falaron, pola tarde, dun servizo de guardería a partir das 16:15, ata que as familias veñan recoller aos alumnos usuarios do servizo. Está no aire, esperamos que se consiga para o próximo curso escolar.
Por que se dicidiu facer un horto no cole?
Foi para integrar o programa de saúde integral do Doctor Fuster, comezamos en educación infantil e o mesmo tempo é unha actividade complementaria para aprender no horto escolar.

Por que sempre temos que facer as clases de educación física sempre no patio exterior incluso cando vai frio?

Hai duas razóns fundamentais: unha porque temos que compartir as instalacións con outro profesor de educación física. Normalmente os que estamos fora, somos os maiores e os pequenos están dentro e a outra razón é porque as instalacións son bastante deficientes, necesitamos un espazo cuberto, un ximnasio de urxencia para poder das as clases de educación física.

Hai unha pancarta na fachada dende hai catro anos para defender o ensino público de calidade para garantir a igualdade de oportunidades

Por que escolliches ser mestre de educación física e impartiu outras materias?

Impartín clases doutras materias cando comecei a ser mestre, pero levo dezaseis anos dando clases de educación física, sempre en uniforme, en chandal.

Gustache a cociña? Serías capaz de facer un prato master cheff?

Na miña casa cociño eu moitas veces. A cociña tradicional gústame moito.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma