"Somos un cole moi activo"
XORNAL ESCOLAR
No CEIP Otero Novas combinan as clases propias de cada ciclo e materia con múltiples actividades e proxectos
No Concello de Cortegada está ubicado o CEIP Otero Novas, un centro de ensino de Infantil e Primaria que este curso contou cun grupo integrado por 26 nenos e nenas. Cinco profesores fixos e dous itinerantes, de relixión e a orientadora, son os encargados de proporcionarlles unha completa formación. Aproveitando o reducido número de alumnos e pese a que esto as veces pode ser un inconvinte para a realización de algunhas actividades, no Otero Novas tornan as cousas e buscan o lago máis positivo proporcionándolle aos cativos numerosas e completas actividades durante todo o curso.
Sodes poucos no centro, pero máis que ser algo negativo, vós búscades as cousas boas.
De feito que sí. Ser poucos moitas veces nos limita a realizar algunhas actividades, pero é moi positivo á hora de organizar outras moitas. Os profesores teñen o dobre de traballo xa que preparan as clases para varios niveis, pero aproveitan as temáticas e traballan todos os nenos axeitándose aos seus coñecementos e niveis educativos, uns aprenden dos outros.
Completades as clases con diversos proxectos, en cales participástedes este curso?
Entre os máis salientables repetimos o de Xogade, que consiste na realización de diversas actividades deportivas. Participamos nas modalidades de fútbol sala, baloncesto, campo a través, atletimos, etcétera. Acudimos a Ribadavia onde os escolares se enfrontaron a nenos e nenas doutros centros de ensino da zona. As actividades deportivas son moi froitíferas para os escolares e un xeito de liberarse dos estudos. Tamén participamos no plan Proa, de reforzo escolar para os escolares de 3º e 6º e, como novidade este curso, no proxecto "Nós tamén creamos", de promoción da lingua galega a través da creatividade e a incorporación das TIC nas aulas, creando curtametraxes en galego.
Pero vós no vos limitades soamente a estes proxectos xa que compartides numerosas actividades durante todo o curso, non sí?
Procuramos organizar actividades educativas cun carácter un pouco máis lúdico durante todo o curso e xeralmente son un éxito. Este curso realizamos unhas olimpiadas escolares, con varios torneos deportivos durante todo o curso. Tamén fomos ao cine a Leiro, participamos activamente no Entroido, percorrendo as rúas do municipio disfrazados, fomos a Lalín, a visitar a casa do patrón e participamos tamén no Correlingüa en Ourense. Destacar que recibimos o primer premio de mellor pancarta do galego e estamos moi contentos.
Xa estamos a final de curso, pero vós lexos de baixar a intensidade seguides organizando moitas cousas.
Ata o último día de clase cando celebraremos o festival de fin de curso seguiremos activos. De feito hai dous días tivemos unha charla de saúde buco-dental, o día 6 de xuño visitaranos a Garda Civil para impartir unha charla sobre "Acosos e novas tecnoloxías", a vindeira semana participaremos nunha actividades de supermercado en Ribadavia, os maiores tamén irán visitar o instituto e iremos a Amoeiro para compartir unha estupenda xornada de convivencia cos escolares deste municipio.
E tamén estades inmersos na Semna da Bicicleta. Facedes moitísimas cousas e seguro que os cativos o agradecen?
Os escolares o pasan moi ben e aprenden moito en cada actividade. Ser poucos tamén ten vantaxes e esta é unha delas, realizamos moitos proxectos e involucramos a todos os escolares neles. Estes días estamos coa Semana da Bicicleta e realizamos un obradoiro de educación vial, ademais o venres os nenos traerán as súas bicicletas ao centro e realizaremos unha ruta por Cortegada.
Como se presenta o curso que vén, imaxinamos que támen do máis activo?
Procuraremos darlle continuidade a todas as actividades deste curso. Tamén queremos contar de novo cun auxiliar de conversa como este curso que é moi positivo para o aprendizaxe dos escolares. Ademais, queremos participar de novo no proxecto "Nós tamén creamos" xa que este curso foi estupendo. Por último, intentaremos participar no proxecto "Meteoescolas", a ver se temos sorte porque é unha experiencia que nos encantaría compartir.
Manuel Borrajo, o director
Manuel Borrajo Fernández é mestre no CEIP Otero Novas de Cortegada dende hai catro anos. É profesore de Educación Física no centro, ademáis de titor de 1º, 2º e 3º. É un profesor moi comprometido e traballa arreo para ofrecerlle aos seus alumnos un completo programa de actividades complementarias.
Esther Meléndez Villanueva
Esther é a profesora de Pedagoxía Terapéutica do colexio. Todos os nenos e nenas quérenna moito.
Lucía Valado Cruz
Lucía é a "teacher" do cole. Encárgase de que os escolares aprendan inglés dende idades temperás. Ademais é a titora de 4º, 5º e 6º.
Rosa María Vázquez Vázquez
Rosa María é a Orientadora do colexio. Ao igual que a profesora de Relixión, é unha das mestras itinerantes do centro.
María Teresa Francisco Fernández
María Teresa é a profesora de relixión do cole. Acode ao centro dous días á semana para impartir esta asignatura aos escolares de Cortegada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este jueves, 22 de enero, en Ourense
Itxu Díaz
EL ÁLAMO
Sánchez arrojó a los españoles al tren
PODCAST Y VÍDEO
EL PRIMER CAFÉ | Jueves, 22 de enero