AULAS ABERTAS

Xornalistas especializados no seu colexio

Os reporteiros do CEIP Plurilingüe Albino Núñez realizaron un fabuloso e divertido traballo no plató de Telemiño

Os escolares do Ceip Plurilingüe Profesor Albino Núñez chegaron ao plató de Telemiño con moitas ganas de participar no programa escolar Xornal Escolar. Con alegría e moito humor comezou o programa. Durante a gravación do descubrimos un colexio moi dinámico e divertido.

O mestre concursante desta semana é Pepe Rodríguez, como xa manifestou en moitas ocasións en diferentes espazos de Telemiño é un acerrimo defensor da lingua e cultura galega.

Os co-presentadores: Lola Pérez, Iker González e Óscar Iglesias dirixiron, xunto coa presentadora Conchi Pérez, este divertido e ameno programa escolar.

DE PLENO NO CONCURSO
Trala presentación do centro, comezou o concurso onde someteron a Pepe Rodríguez a tres probas ben distinguidas: "qué será será", "que faría se fose" e por último "quen é". O mestre respondeu a todos os enigmas con gran acerto.

Para continuar, os co presentadores someteron ao seu mestre a tres bloques de preguntas sobre cultura xeral, o colexio, e persoais, respondeu con moita naturalidade a todas as cuestións.

CULTURA XERAL-TRIVIAL

Sabes a quen se lle adica este ano o día das Letras Galegas?
A Manuel María, un gran poeta e un gran patriota ao que coñecín persoalmente. Compartín con el moitas cousas.

Poderías dicir tres árbores autótonas de Galicia?
Carballo, bidueiro, castiñeiro, amieiro, salgueiros... Preto do colexio hai todas estas árbores.

Prantaron piñeiros e carballos no colexio e tamén na casa.

Como se chama o Papa que temos actualmente?
Chámase Francisco, parece que ten un estilo distinto.

PREGUNTAS SOBRE O CENTRO

Consideras que co programa Abalar os resultados dos teus alumnos melloran?
Si efectivamente. É necesario incorporar as novas tecnoloxías á educación. Aos alumnos gústalles moito o libro dixital. Non tería sentido que a  escola non se adaptara aos novos tempos.

Podes dicirnos algo de Albino Núñez, o persoeiro que lle da nome ao colexio?
Era mestre, e xunto con outros, traballou a favor de novas ideas para a educación. Formaba parte da asociación de traballadores do ensino. Intentaron cambiar a educación autoritaria e memorí9stica da época. Fundou un colexio en Ourense: Estudios Galicia. 

Estas de acordo coa Lomce e coa reválida de 6 de primaria?
En terminos xerais non estou de acordo coa Lomce. Está un pouco morta, xa naceu morta porque non houbo consenso nin entre os distintos políticos nin cos que fomamos parte do sistema educativo.

PREGUNTAS PERSOAIS

Despois de sair do colexio en que ocupas o tempo libre? 
Na agricultura e a gandería, teño vacas e dedícome fundamentalmente a traballar no campo.
Cantos anos levas traballando neste colexio? 

Aqui debo levar sete anos. Anteriormente traballei en Cartelle, Arnoia, Vilariño de Conso, Boiro, Touro...Este é o curso 37.
Sabemos que antes de vir a este colexio desempeñaches un cargo político.

Que che gusta máis ser político ou mestre?
A miña profesión é ser mestre, o do cargo politico foi temporal. Defender as miñas ideas políticas: tívenas, téñoas e tereinas, eu son nacionalista galego convencido.

Antes de rematar o concurso vimos un video que recollía o día do deporte, unha xornada moi ben recibida pola comunidade educativa. Diferentes modalidades deportivas reflexadas en murais informativos, explicando con detalle cada aspecto e unha gran variedade de material deportivo exposto. Unha reportaxe divertida e moi didáctica. O deporte é unha gran paixón neste centro educativo. Os alumnos e mestre mostraron unha gran naturalidade na grabación do colexio e no plató de Telemiño. Sair na tele gústalles moito, despedíronse con sorrisos e coa promesa de voltar a Telemiño. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma