Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
La Catedral de Santiago
Estaban os tres no mesmo cuarto dun hospital privado (concertado), aínda que as súas doenzas eran distintas e de gravidade diferente. As camas, cos seus cabeceiros na mesma parede e á fronte a televisión de pago. A conversa destes pacientes non era moi enriquecedora, pero era fluída e parecía sincera. Entrando, o da primeira cama á esquerda era un enfermo que aparentaba estar san, tiña os seus oitenta cumpridos e na casa deixaba á muller, á vaca Marela e cerca doutra ducia de animais de pequeno tamaño, algunhas pitas, un par de coellos e dous ou tres cans. En fin, os animais de compañía, que tantos agradecen a súa presenza.
O que estaba na cama do medio era un home delgado, de bo ver, pendente en todo momento dos seus netos, unha nena boísima de quince anos e un mozo moi listo que xa estaba na Universidade estudando, ao mesmo tempo, dúas carreiras difíciles. O terceiro, tamén no entorno dos oitenta, era xubilado de boa paga, un lector constante e amante, fundamentalmente, da novela histórica. Vivía na súa casa coa dona e un par de gatos raxados.
Un deles era do Madrid, outro do Celta e o dos netos, do Deportivo. Discutían de política, "desa que converte aos homes en ruíns", de economía, dos pagos a facenda, dos viños de Galicia, de La Rioja, de Valdepeñas, de Burdeos, de Toro e da Ribera del Duero. Gustábanlles todos. Apaga a televisión!, dixo un deles. Non soporto a ese equipo e vai gañar, a pesar de que esta xogando mal, peor. –date a volta, compañeiro, non mires! Neste preciso instante, entra Isolina, a súa dona, -Fulxencio!, non sufras, pon nos ollos este trapo negro que che traio. –Moitas grazas, muller. -E, como quedan os gatos? –Moi ben, dá xenio velos, Vanesa está gorda, a punto de parir e Meritorio, despois de preñala, segue de ruada con tódalas felinas do lugar. Ao velo tan fermoso, acordábame de ti.
A enfermeira chega correndo, esixe a ausencia da visita, reparte as pastillas e vaise tamén correndo. O home que estaba con descomposición tomou o laxante e os outros equivocáronse igualmente. Despois, a un deles fervíalle o sangue e ao terceiro entroulle unha somnolencia de tan alto grao que ninguén o puido espertar ata o día seguinte. Isolina foise tranquila para xunto dos gatos e Fulxencio quedou no hospital, para curar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
La Catedral de Santiago
Manuel Orío
RECORTES
Vuelta al pasado
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
El curioso libro dedicado a Ourense de los 25 años de paz
Jacinto Seara
Volvamos a Galilea
Lo último
INNOVACIÓN Y TECNOLOGÍA
La soberanía tecnológica, un factor decisivo para la industria gallega
LA HUELLA DE LOS INCENDIOS
La Región y Telemiño emiten el reportaje "Lume. A loita de Yago"