Opinión

Pintura e libro no camiño

A Primavera vai mediada: tempo adoitado para as paseatas de pequeno e longo percorrido. Así para Santiago por Ourense, que neste Ano Franciscano coa nova Compostela xa fas méritos para a Cotolaya. E desta volta mellor facelo co 'Camiño de Santiago. Camiño do sueste, Vía dá Prata / Camiño do sueste, Vía da Prata', aposta do Campus da Universidade de Vigo dende os 'roteiros culturais': un libro singular e espléndido, vaia por diante, que é máis que un libro pois leva unha carpeta con ficha-díptico de cada tramo, deseñadas para ser empregadas a medida que se van facendo as etapas, e unha bolsa-sobre ríxida de plástico para levalas protexidas. De cada etapa hai información histórica e artística do patrimonio cultural; indicacións seguindo a metodoloxía tradicional de orientación coas técnicas máis actuais (fotografía, GPS, cartografía vectorizada) e recomendacións para facer a travesía, incluindo ademais unha táboa de estiramentos. A Vicerreitoría, co seu Servizo de Deportes, e o Consello Social daquela están detrás da publicación editada en outubro de 2013 con deseño de Edenia. A información vai en galego e inglés, e a das fichas só en galego. A iniciativa coordinada por García-Calvo, ‘Willy’, e a profesora Beatriz Vaquero, ampliouse en 2010 coa organización da peregrinación polo denominado oficialmente ‘Camiño do Sueste-Vía da Prata’. Utilizan con suma prudencia a expresión ‘Vía da Prata’, apenas para mencionar a denominación oficial. Sen cuestionar a súa importancia histórica, é un itinerario que, como é sabido, non aparece nas fontes medievais nin modernas así, senón cos nomes de ‘Camiño Vello’ ou ‘Camiño de Castela’, sendo anecdótica a súa utilización para peregrinación ata non fai tantas décadas. Martín Xº Vázquez e Víctor Rodríguez Muñiz colaboran na realización do libro, subdividido en nove etapas desde Puebla de Sanabria a Santiago, seguindo a rede de albergues da Xunta. Unha novidade son as dúas variantes ó seu paso por Ourense, a de entrada que evita o paso polo Polígono de San Cibrao dás Viñas; e a de saída pola zona termal da ribeira do río Miño, pensando nos camiñantes especiais de longo percorrido que son os peregrinos. Cada etapa ten unha achega aos lugares que destacan pola súa importancia histórica, artística ou etnográfica, buscando conseguir a complicidade dos cidadáns co patrimonio e medio ambiente. E pódense descargar a guía en pdf en os itinerarios en gps. Excelente!

StetchCrawl no Camiño de O Ribeiro

O sábado en Arnoia, Abadía e Nairoa da Ponte, diante das que pasa a rota de Santiago: debuxar a Primavera no Ribeiro, no entorno do val do eufónico río, con comida cos StechCrawl na Adega. Emoción e satisfacción pola proximidade das terras familiares na salutación evocando a San Rosendo e os benedictinos de Celanova, Méndez Ferrín e José Benito Reza... diante dos convidados da Asociación Galega, con Isabell Seidel e Víctor Carvajal á fronte, e Guillermo Díez de agasallador empresario amante da arte e destas terras. Na primeira quincena de xuño serán expostas no Liceo de Ourense. Festa de San Miguel no alto do monte, e tamén no val con sonoro colofón Luis Humberto Cao e Baldomero Pavón.

Te puede interesar