OBRAS PÚBLICAS
A Bola contará con más de un millón para obras
PATROCINADO
O Concello de A Bola participa de novo no Programa de Deputación de Ourense Termalismo contra a soidade non desexada a través dos servizos sociais municipais.
O Programa de Termalismo contra a soidade non desexada, permítelles ás persoas que participen nel acceder tódalas semanas a un balneario para recibir terapias que se recibirán en grupos durante un período de 6 meses.
O Programa inclúe o acceso a servizos termais, que se complementan con actividades grupais de diferente natureza, que unifiquen a experiencia social cos beneficios da auga mineromedicinal.
O grupo de persoas participantes do Concello de A Bola, iniciouse o pasado luns día 21 de abril, e durante os vindeiros seis meses, desprazaranse ao Balneario Oca Vila de Allariz. Este colectivo atópase en situación de soidade non desexada, e en moitas ocasións levan parellas patoloxías que limitan o seu desempeño das Actividades Básicas da Vida Diaria.
Esta actividade iniciouse o pasado ano con un grupo de persoas usuarias que tiveron preferencia para repetir a actividade durante este ano. A acollida está sendo moi boa e transmítennos unha gran satisfacción co mesmo. Máis alá das propias terapias termais recibidas, tamén é un momento de convivencia e socialización no grupo, fomentando a súa participación social e combatendo a soidade non desexada.
O Concello de A Bola pon a disposición das persoas participantes o vehículo municipal adaptado para facer o traslado dende os seus domicilios ao Balneario.
Na actualidade, quedan prazas dispoñibles para poder desfrutar da actividade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OBRAS PÚBLICAS
A Bola contará con más de un millón para obras
ARQUITECTURA TRADICIONAL
Sale a licitación la mejora de Santa Baia en A Bola
TRABAJADOR HERIDO
Evacuado en helicóptero al caerle encima unas pacas en A Bola
Lo último
INICIO DE TEMPORADA
Moncho López: "Queremos ganar la final"
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 19 de septiembre?
MANTENERSE INVICTOS
El Ourense CF quiere tres victorias de tres posibles en Segunda Federación