Agricultura sitúa en Canarias a orixe da praga da couza da pataca
AGRICULTURA
Dende o Ministerio advirten que "o sector ten que actuar correctamente e aplicar todas as medidas establecidas para que non continúe a súa expansión".
O Ministerio de Agricultura acaba de publicar unha serie de recomendacións para frear a expansión da couza guatemalteca. Unha das hipóteses que manexan dende a administración é que a orixe da entrada da couza en Galicia foi a introducción de pataca procedente de Canarias "de xeito irregular". Nesta liña, fontes do Ministerio explican que "cabe a posibilidade de que algún particular trouxera unha pequena cantidade de patacas á comunidade de maneira irregular para consumo propio".
A primeira vez que se detectou a presenza desta praga en Galicia foi en 2015 nos concellos coruñeses de Neda, Ferrol e Narón. Na actualidade afecta a un total de 31 municipios das comarcas de Ferrolterra e da Mariña Lucense, sendo éstas zonas de autoconsumo.
Segundo as últimas actualizacións, a praga da couza guatemalteca non afecta ás principais zonas produtoras de pataca en Galicia como son Bergantiños e a Limia. Sen embargo, dende o Ministerio advirten que "o sector ten que actuar correctamente e aplicar todas as medidas establecidas para que non continúe a súa expansión".
Dende o Ministerio informan que as medidas para erradicar a praga pasan por evitar os movementos e sementes de patacas infectadas e nas zonas onde se detecte a couza non sementar tubérculos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Solo quedó el silencio
LUCHA POR RECONTRUIR
Barro en las calles de Viana, recuerdos bajo tierra y una normalidad aún lejana
nueva economía
La IA abre una nueva carrera por financiar centros de datos