O alcalde de Os Blancos prevé sanear as débedas
SERVIZOS MUNICIPAIS
O Concello de Os Blancos solicitou no ano 2017 ao Consello da Xunta de Galicia que autorizase a Deputación a asumir a prestación dos servizos mínimos obrigatorios municipais
Estes servizos municipais mínimos son os de abastecemento domiciliario de auga potable, saneamento, pavimentación de vías públicas e acceso a núcleos de poboación e iluminación pública do concello por un prazo inicial de dous anos.
A asunción dos servizos municipais pola Deputación viña motivada pola gravísima situación de risco financeiro na que se atopaba o concello, que tivera que acollerse a un préstamo co fin de poder pagar a súa débeda.
A Deputación de Ourense en base as prórrogas solicitadas para pagar a débeda do Concello de Os Blancos ao longo distes anos, estableceu como condición para futuras prórrogas, un incremento nos impostos e destinar a cantidade prevista a favor do Concello dos Blancos no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais da Deputación á amortización de débeda e non conceder ningún tipo de subvención.
José Manuel Castro, alcalde dos Blancos dixo que “os veciños poden estar tranquilos e confiar en min, xa que eu vou responder”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
OPOSICIONES 2026 EN GALICIA
Galicia oferta 1.601 plazas de oposiciones en Educación para 2026
ACCIDENTE LABORAL MORTAL
Muere un hombre por una posible intoxicación de monóxido de carbono al revisar un generador