QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
O Goberno local de Xinzo saca peito logo de clausurar este domingo a segunda edición da Feira da Pataca e Maquinaria Agrícola. Segundo subliñaron, “as cifras falan por si soas”: 5.000 visitantes -contabilizaron dende o Consistorio- recibiu o venres, o sábado e o domingo o recinto feiral de Alimagro, un evento no que, ademais, se produciron vendas dentro do sector agrícola de maquinaria especializada. Para o equipo que lidera a socialista Elvira Lama, que confía en que o evento se consolide e sexa un referente no norte do país, este resultado “é máis que positivo”.
Pola súa parte, a rexedora valorou “moi positivamente” a feira e expresou o compromiso do Concello para acadar a súa continuidade.“A produción agrícola da Limia é un piar fundamental do tecido produtivo e ten que ser economicamente rentable e sustentable co medio ambiente. Vivir no rural e do campo é posible se contamos cos investimentos necesarios”, dixo. Do mesmo xeito, o concelleiro de Medio Rural de Xinzo de Limia, Amador Díaz, mostrouse tamén “máis que satisfeito” co desenvolvemento da Feira da Pataca e Maquinaria Agrícola: “Foron moitos os visitantes que comprobaron de primeira man o seu potencial. O noso obxectivo era poñer en valor a pataca e aos profesionais do sector e conseguímolo. Iremos a por unha terceira edición”.
A inauguración contou o pasado venres cunha ampla comitiva de autoridades, que coincidiron ao poñer en valor o traballo dos profesionais do sector e en seguir traballando da man en favor da agricultura.
Despois dun ano de interrupción por mor da pandemia do covid, Alimagro regresou a Xinzo reconvertida nunha única feira -comezou diferenciando a pataca, do apartado da maquinaria profesional- e coincidindo no tempo cos primeiros traballos dentro da campaña de recollida de pataca, que se iniciou en Piñeira e Solveira coas primeiras unidades colleitadas. Dende o Consistorio matizan que Alimagro desenvolveuse “con todas as medidas de seguridade e protocolos” necesarios. Ademais do control de aforo, emprego de máscaras ou suministro de xel hidroalcohólico, estableceuse unha entrada e unha saída do recinto feiral entre o parque da Alameda e o parque do Toural.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último
FAMILIA
Espectáculo “A maxia que conta”
FESTA DO PULPO
Tapa de pulpo gigante de Carballiño 2026
GASTRONOMÍA Y TRADICIÓN
Fiesta Mexicana de Avión 2026
+DEPORTE
Zumba al aire libre en Allariz