QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
INFRAESTRUCTURAS
O concello limián de Baltar atópase a piques de rematar a construción dunha nave co obxectivo de almacenar a maquinaria de obras e outros materiais de propiedade municipal. O rexedor popular, José Antonio Feijóo, afirma que decidiu adquirir os terreos e construír a nave "por mor dos roubos de combustibles e doustros materis que se chegaron a producir". O concello asumiu a compra do terreo mentres que a construción da infraestrutura, que se comezou no mes de febreiro, foi financiada a través de plans provinciais da Deputación.
O pago do terreo realizouse en oito anualidades. Pola súa banda, o proxecto de construción da nave conlevou un gasto total de 120.000 euros.
A nave ten case 300 metros cadrados e estará rematada "antes de finais de ano". Xa foron colocadas as portas de acceso e fica pendente o circuito eléctrico e o acondionamento dos accesos no entorno.
"A maquinaria estará protexida dos roubos de gasóleo e máis das baixas temperaturas do inverno", afirma Feijóo.
En canto estea rematada a infraestrutura, o alcalde prevé instalar no interior unha oficina con persoal administrativo para que xestione o inventariado de material.
"O terreo tamén o empregaremos para outros usos municipais", comenta Feijóo,que tamén recoñece que tiveron que "solventar" algúns problemas ao estar situada xusto cara a estrada autonómica que enlaza o concello coa capitalidade comarcal, Xinzoa.
Ata agora a maquinaria e o material do concello gardábase nas instalacións do forno comunitario ou no exterior, o que facilitaba a actuación dos ladróns.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último
DEBERÍA ESTAR LISTO EN 2029
Luz verde al nuevo acceso al CHUO desde la N-565
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano
CRECEMENTO DE MATRÍCULAS
Avanza a bo ritmo a obra do CEIP Ben Cho Shey, en Pereiro de Aguiar