"Cadernos da Limia" poderase ver ata o vindeiro 13 de xaneiro
A exposición de Blas González clausúrase este sábado na Casa da Cultura de Sandiás, onde aínda se pode ver ata o día 13 de xaneiro
A exposición “Cadernos da Limia” do fotógrafo Blas González pechará o sábado 13 de xaneiro ás 19:00 horas. O fotógrafo Blas González explicou que a exposición “foi unha sucesión de experiencias incribles e emocionantes: concibir, deseñar, producir, exhibir e activar este traballo, pero agora chega o momento da despedida”.
A maiores, quixo agradecer por todo o apoio recibido, o interese do público e a participación en cada unha das actividades con algo moi especial: a proxección de “O Maquinista da Xeral” de Buster Keaton (1926), película considerada como unha das mellores da historia do cinema mudo, e que será proxectada con música orixinal en directo interpretada por Caspervek.
Caspervek Trio debutou en 2013 e desde entón converteuse nun referente en musicalización de cinema mudo, con actuacións en máis de 14 países europeos e representacións nalgúns dos principais escenarios nacionais e internacionais.
Esta será a primeira vez que o conxunto actúe na Limia para clausurar a exposición na Casa da Cultura de Sandiás.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
50 JÓVENES EN LA CONVOCATORIA
PP de Ourense constituye la primera agrupación de Novas Xeracións en la comarca de A Limia
Lo último
OBSERVATORIO DE LA INMIGRACIÓN
La población extranjera se duplicó en Galicia en 13 años
Mariluz Villar
MUJERES
No solo la tierra
Ricardo F. Colmenero
Os xemelguiños