Calvos de Randín xa puxo en funcionamento a súa casa-niño
SERVICIOS SOCIALES
"Os Anxiños" atende a cinco nenos e encóntrase situada nunha aula do antigo colexio do concello
A casa-niño do concello de Calvos de Randín "Os Anxiños" leva un mes en funcionamento e acolle a cinco nenos de entre tres meses e tres anos que, tras un período de adaptación, xa están familiarizados co seu novo entorno.
As casas-niño son un proxecto piloto que a Xunta de Galicia está levando a cabo en núcleos rurais para "atender as necesidades de conciliación das familias galegas". A Xunta é a encargada de pagar os soldos das persoas que deciden iniciar este proxecto e concédelles, grazas ao cofinanciamento da UE, 15.000 euros para acondicionar o espazo. María José Otero, coidarora, decidiu dar un paso adiante e solicitar esta axuda para montar unha das casas-niño en Calvos.
Este espazo está situado nunha das aulas do colexio, que pechou nos últimos tempos. O Concello e a Xunta cedéronlle a María José a estancia a cambio de mantela en boas condicións. Aínda que a solicitude para pór en marcha a casa-niño foi aprobada en setembro, os trámites da Xunta demoraron a apertura ata decembro.
María José explica que esta iniciativa tivo moi boa acollida por parte das familias, que botaban en falta un espazo onde os pequenos xogasen entre eles.
Pola súa banda, o alcalde, Aquilino Valencia, cre que se trata dunha boa forma de evitar que as familias do concello se teñan que desprazar a outras vilas para atopar servizos similares. A coidadora valora positivamente a posta en marcha deste proxecto, o cal considera moi necesario para a zona. Porén, critica que o importe para o acondicionamento das instalacións teña que ser adiantado polos propios coidadores. Considera que este é un requisito "bastante discriminatorio", xa que fai que moitos non poidan levar a cabo o proxecto por non poder asumir esa inversión inicial. Ademais, María José sinala que a Xunta se está demorando nos prazos fixados para ingresar os 15.000 euros adiantados, xa que os coidadores deberían ter recibido o 80% de dito importe hai xa un mes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE INVIERNO
Prohibido pasear al tigre
NAVIDAD CON SABOR LOCAL
Una Navidad en Valdeorras con el turrón y espumosos locales
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Comprometidos con la ejemplaridad
CENTENARES DE FAMILIAS
Pazolandia, donde se vive la Navidad en Ourense