QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
A LIMIA
A casa niño del pueblo de Lodoselo (Sarreaus), integrada no amplo programa de servizos que se ofertan dende o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, abriu, por fin, as súas portas logo de varios meses no que os seus promotores tiveron que solventar numerosos trámites burocráticos. Será o primeiro centro destas características co que conte o concello de Sarreaus, e no seu acondicionamento investíronse preto de 16.000 euros.
Este espazo está ideado para cativos de entre cero e tres anos, unha etapa da vida que o CDR considera de vital importancia. Por este motivo, fan fincapé en potenciar o enfoque educativo e non só o asistencial. "Trátase dun periodo fundamental para toda persoa e cremos que temos a responsabilidade de abordalo de xeito profesional, responsable e con respecto á infancia", apuntaron dende esta entidade rural ubicada en Lodoselo.
Aproveitando a proximidade do Centro de Inclusión -aínda que cada servizo ten unha entrada diferenciada- os responsables de O Viso queren promover o enriquecemento persoal aproveitando a "oportunidade de mesturarnos nenos, nenas, maiores e persoal do centro, para convivir e aprendermos uns dos outros".
A casa niño é un proxecto piloto financiado pola Xunta de Galicia e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e en toda a provincia de Ourense hai máis dunha docena de centros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último